As 'conversas' entre María Galiana e Juan Echanove, primeira cita teatral de 2015 en Afundación
Por Redacción
Unha historia moi actual sobre como sobrevivir á perda repentina do emprego co apoio dunha nai. ÿ o fío argumental da obra Conversaciones con mamá, protagonizada polos actores María Galiana e Juan Echanove. Este espectáculo é o primeiro que Afundación ofrecerá en 2015 no auditorio do seu Centro Social en Pontevedra. Será o sábado 31 de xaneiro, a partir das 20.30 horas.
Conversaciones con mamá, obra orixinal de Santiago Carlos Oves adaptada por Jordi Galcerán, está dirixida por Juan Echanove, quen tamén participa no elenco xunto a María Galiana. Nela preséntase a historia de Jaime, de 50 anos e da súa nai, de 82. Ambos os dous viven en mundos moi diferentes. El ten muller, dous fillos, unha fermosa casa, dous coches e unha sogra que atender. Ela arránxase soa e vai levando os anos con dignidade.
Pero un día acontece algo inesperado: a empresa para a que traballa Jaime déixao na rúa por razóns de readaptación do persoal. A situación do protagonista condúceo a decisións drásticas por non poder manter o seu nivel de vida.
"Creo firmemente na tenrura e o sentido do humor como factores decisivos para conseguir ese ansiado reverdecer tan necesario nesta nosa sociedade que cada día debe máis á xente maior... a eses esforzados cidadáns que ao final da súa ruta aínda teñen enerxía para tirar do seu carro e do de todos nós", explica Juan Echanove sobre a obra.
Durante unha hora e media Juan e a súa nai conversan ao redor dun espiñento tema que fará saltar ao público chispas en forma de risas e que tamén humedecerá os seus ollos. "O noso obxectivo é que os espectadores non só estean a gusto pola obra que acaban de ver, senón que sentan a necesidade de volver ao teatro en moitas máis ocasións", engade Echanove.
As entradas están dispoñibles en www.servinova.com e no despacho telefónico 902 504 500.
Relacionadas:
-
Amor, soños e morriña conviven na nova cita teatral de Afundación: 'En construcción'
Por Redacción |
-
Como sobrevivir á perda do emprego da man de María Galiana e Juan Echanove
Por Diego Torrado |
-
A tempada teatral de Afundación para 2015 pon os bonos á venda
Por Redacción |
-
O auditorio de Afundación contáxiase da forza de Pardo Bazán en 'Insolación'
Por Diego Torrado |
-
Nuria González loita contra o tempo en clave de comedia en Afundación
Por Diego Torrado |