Pontevedra convértese, un ano máis, nunha vila de conto
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz
Pontevedra acollerá os días 4, 5, 6 e 7 de xuño o Encontro Internacional de Contadores de Historias, Sete Falares, o festival de narración oral que este ano chega á súa cuarta edición.
Importantes narradores de Brasil, Portugal, Cataluña e Galicia encherán de palabras as prazas, teatros, museos e rúas de Pontevedra durante catro intensos días.
Nesta edición dos Sete Falares haberá dúos de narradores, rutas e sesións de contos en espazos singulares da cidade coma o CITA, a Casa das Campás, a Casa Azul ou o Pazo de Mugartegui.
O encontro promete ser toda unha festa da narración oral e está aberto a todos os públicos. As sesións son de balde, a excepción da gala de clausura.
A inauguración será o xoves 4 de xuño, as 21.00 horas no Pazo de Mugartegui, a cargo de Paula Carballeira, e para público adulto.
O venres día 5, ás 18.00 horas e na Casa das Campás, Pavís Pavós traerá os seus "Contos que meten medo", dirixidos a un público familiar, a partir de 6 anos.
Este mesmo día, ás 20.30 horas, no Teatro Principal os contacontos Pep Bruno e Ana Lage, traerán o espectáculo "De dous en dous", pensada para un público adulto. E dúas horas máis tarde, ás 22.30 horas, no mesmo escenario do Teatro Principal, será a quenda dos narradores Wayqui e Ana Lines.
O programa inclúe para o sábado 6, ás 11.30 da mañá, na Casa das Campás contará ás súas historias Pep Bruno. E ás 18.00 horas, no CITA, recunca Ana Lines. Ás 20.00 horas, na Casa da Luz escoitaránse os contos de Ana Lage.
Unha das citas máis atractivas terá lugar o sábado, é a Ruta de Historias por Pontevedra. Pensada para catro grupos con saída ás 22.00, 22.20, 22.40 e 23.00 horas, Con saída dende a Casa das Campás.
Grupos de 60 persoas, percorrerán a cidade visitando lugares emblemáticos mentres escoitan historias. Haberá catro quendas con saída dende a Casa das Campás ás horas sinaladas. Os que se apunten escoitarán historias de Paula Carballeira, Wayqui, Ana Lage, Ana Lines e Pep Bruno.
E finalmente o domingo 7, ás 11.30 horas a Casa das Campás, e para un público familiar, haberá contos de Manuel Solla. Ás 17.30 horas, no CITA, actuará Wayqui, e ás 19.00 horas, no CITA, Pep Bruno.
A clausura será no Teatro Principal ás 21.00 horas, cunha rolda de narradores: Historias con Paula Carballeira, Wayqui, Ana Lage, Ana Lines, Pep Bruno, Manuel Solla e Pavís Pavós e o acompañamento musical de Lulavai.
Este será o único espectáculo de pago, cunha entrada de tres euros. Desempregados: gratuíto. A venda de entradas será na billeteira do Teatro Principal de Pontevedra dúas horas antes da función.
Relacionadas:
-
RADIO.- Cara a cara con Mario Diz: "É moi ilusionante para min estrear na miña cidade"
Por Marisa Ciordia |
-
Despídense os Sete Falares e deixan língua para todo o ano
Por Diego Torrado |
-
'Sete falares' que sorprenden metendo medo
Por Daniel Santomé & Anxo Lourido |
-
A narración oral consolídase como cita cultural coa terceira edición de 'Sete Falares'
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Sete falares conclúe a súa segunda edición obtendo un grande éxito
Por Redacción |
-
Sete falares: 12 citas narrativas con historias para todos os gustos
Por Redacción |