O FICBUEU achega o cinema en sala ás novas xeracións
Por Redacción
O Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FICBUEU) continúa co seu labor de trasladar a actividade cinematográfica a diferentes sectores e neste sentido os promotores deste festival organizaron durante esta semana dúas sesións de cinema con ao redor de 300 estudantes do IES Johan Carballeira e Illa de Ons e máis do CEIP A Pedra.
O obxectivo desta actividade é achegar o mundo do cinema e, en concreto, das curtametraxes ás novas xeracións. Uns 130 menores de Educación Infantil achegáronse esta mañá ao Centro Social do Mar para gozar de 'A viaxe de Arlo', unha película de animación na que o dinosauro protagonista emprende unha emocionante viaxe de autodescubrimiento nun mundo onde estes xigantescos réptiles non se extinguiron, senón que conviven cos humanos.
Por outra banda, ao redor de 150 estudantes de dous institutos públicos de Bueu viron en primicia unha selección das 1.461 obras que nesta edición presentáronse para participar no FICBUEU, pero que quedaron fóra da programación oficial.
Estas iniciativas desenvólvense como anticipo dos actos previstos durante o mes de setembro.
Relacionadas:
-
Abre a inscrición para o obradoiro sobre a realización de curtametraxes do FICBUEU
Por Redacción |
-
O voluntariado ten unha cita co Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Por Redacción |
-
Unha actriz brasileira, un director portugués e un realizador galego, xurado do FicBueu 2016
Por Redacción |
-
O FICBUEU amplía as proxeccións a máis de 60 filmes
Por Redacción |
-
O Festival de Curtametraxes de Bueu recibe preto de 1.500 filmes dun cento de países
Por Redacción |