A película 'John From', de João Nicolau, gañadora do Premio Novos Cinemas
Por Redacción
O Festival Internacional de Cinema de Pontevedra, Novos Cinemas, clausurou este domingo a súa edición 01, que deixou un grande sabor de boca entre o público coas súas diferentes actividades programadas ao longo da semana, especialmente o 'cinema baixo as estrelas' celebrado na Praza da Pedreira.
Despois do visionado de todos os filmes a concurso, o xurado formado por Ana Isabel Strindberg, Jonás Trueba e Diana Toucedo deu a coñecer o seu veredicto nun acto no Teatro Principal.
A película John From, de João Nicolau, levou o premio á mellor longametraxe "por facer vibrar ao xurado, polo súa viveza e emoción e por amosar o desexo e o amor", sinalou o xurado no seu fallo.
Lu Bian Ye Can (Kaili Blues), de Gan Bi, recibiu ademais unha mención especial do xurado.
Pola súa banda o Premio Xurado Novo 'Screenly', cun xurado composto por Flavia Rodríguez, Iria Silvosa, Pablo Vázquez, Santiago Morales e Nerea Darriba, foi para Short Atay, de Ted Fendt, "pola súa proximidade e honestidade" e tamén "polo xeito no que o director é capaz de encapsular o espírito de Novos Cinemas".
O Premio Xurado Novo ten como finalidade axudar á distribución da película incluíndoa no catálogo de proxeccións baixo demanda Screenly.
Por último o Premio dos Público Cinemas de Galicia, co que colabora AGADIC, recaeu en Siembra, de Santiago Lozano e Ángela Osorio. Como axuda á súa distribución este filme incluirase na rede de salas públicas Cinemas de Galicia para a súa exhibición cinematigráfica.
Relacionadas:
-
Queres participar no #LAB de Novos Cinemas? Tes de prazo ata o 10 de abril
Por Redacción |
-
Oliver Laxe impartirá un obradoiro no campus de Pontevedra da man de Novos Cinemas
Por Redacción |
-
A segunda edición de Novos Cinemas celebrarase do 27 de xuño ao 2 de xullo
Por Redacción |
-
O Festival Novos Cinemas continúa a súa andaina con propostas innovadoras
Por Redacción |
-
José Luis Guerin, director de cine: "No váis a tener dificultad en vender Pontevedra como plató, pero no a cualquier precio"
Por Anxo Lourido |
-
'La academia de las musas' e José Luis Guerín inauguran a edición 01 do festival internacional Novos Cinemas
Por Redacción |