Queres participar no #LAB de Novos Cinemas? Tes de prazo ata o 10 de abril
Por Redacción
O programa de orientación para realizadores noveis de Novos Cinemas, o Novos Cinemas #LAB abre a súa convocatoria para esta edición. Está aberto seu período de recepción de proxectos.
O #LAB desenvolverase durante os días 30 de xuño e 1 de xullo, no marco do festival, e a data límite para a presentación de solicitudes será o 10 de abril, podendo presentarse proxectos en calquera das fases de desenvolvemento do proceso creativo.
Esta actividade consiste nun encontro entre cineastas noveis e axentes cualificados e sensibles a proxectos cinematográficos de natureza independente. A finalidade desta xuntanza é que os realizadores e/ou produtores poidan adquirir as competencias e habilidades necesarias para poder defender, co maior grao de operatividade, funcionalidade e rendibilidade posible, os seus proxectos nunha futura situación de natureza comercial.
A convocatoria para participar no #LAB está aberta a cineastas de calquera parte do mundo, a condición de que o proxecto co que se presenten supoña a súa primeira ou segunda película.
Relacionadas:
-
Novos Cinemas aposta por un ambicioso proxecto formativo para a segunda edición do festival
Por Alejandro Espiño |
-
Oliver Laxe impartirá un obradoiro no campus de Pontevedra da man de Novos Cinemas
Por Redacción |
-
A segunda edición de Novos Cinemas celebrarase do 27 de xuño ao 2 de xullo
Por Redacción |
-
A película 'John From', de Joao Nicolau, gañadora do Premio Novos Cinemas
Por Redacción |
-
O Festival Novos Cinemas continúa a súa andaina con propostas innovadoras
Por Redacción |