A segunda edición de Novos Cinemas celebrarase do 27 de xuño ao 2 de xullo
Por Redacción
Novos Cinemas, o Festival Internacional de Cinema de Pontevedra, xa ten datas para a súa segunda edición: do 27 de xuño ao 2 de xullo.
O certame, que aínda está traballando nas liñas mestras para a súa próxima edición, seguirá estando adicado a todos aqueles realizadores que comezan a súa andaina na industria cinematográfica: os cineastas noveis.
Ademais de volver contar cunha amplísima programación adicada á formación, encontros entre diversos axentes do sector audiovisual ou retrospectivas, Novos Cinemas terá de novo unha única sección competitiva de ámbito internacional, na que poderán concursar aquelas longametraxes que supoñan a primeira ou segunda obra dos seus realizadores.
A organización do festival quere revalidar deste xeito a súa aposta inicial de achegar ao público primeiras obras ou cinema de calidade que non chega ás salas comerciais en España e non atopa un espazo no circuíto de exhibición a pesares de ser programado e galardoado en numerosos festivais de ámbito internacional.
Relacionadas:
-
Novos Cinemas aposta por un ambicioso proxecto formativo para a segunda edición do festival
Por Alejandro Espiño |
-
Queres participar no #LAB de Novos Cinemas? Tes de prazo ata o 10 de abril
Por Redacción |
-
Oliver Laxe impartirá un obradoiro no campus de Pontevedra da man de Novos Cinemas
Por Redacción |
-
A película 'John From', de Joao Nicolau, gañadora do Premio Novos Cinemas
Por Redacción |
-
O Festival Novos Cinemas continúa a súa andaina con propostas innovadoras
Por Redacción |
-
José Luis Guerin, director de cine: "No váis a tener dificultad en vender Pontevedra como plató, pero no a cualquier precio"
Por Anxo Lourido |
-
'La academia de las musas' e José Luis Guerín inauguran a edición 01 do festival internacional Novos Cinemas
Por Redacción |