Aumenta o interese dos artistas polo certame Novos Valores con 119 obras a concurso
Por Redacción
O xurado de Novos Valores non o terá nada fácil para escoller os catro gañadores deste ano. E é que o feito de que se recuperaran as bolsas de estudo como galardón para os autores noveis parece ter espertado un maior interese que outros anos. Así o entenden, polo menos, na Deputación de Pontevedra, a administración que organiza este premio.
En total, recibíronse 119 obras. O xurado, que comezou este mércores as súas deliberacións, debe realizar unha primeira escolma dunhas 40 pezas que formarán parte da exposición e, entre elas, escoller aos catro gañadores, que recibirán bolsas por importe de 7.500 euros cada unha para ampliar os seus estudos artísticos. Os artistas seleccionados daranse a coñecer o vindeiro sábado.
Segundo indicou o deputado de Cultura e Lingua, esta edición de Novos Valores tivo unha "moi boa acollida" de participantes. Un dos motivos deste aumento, asegura, está na recuperación da fórmula de apoio mediante unha bolsa de estudos similar á dos antigos pensionados -que xa se aplicara a partir de 1925 para promover as viaxes de estudos artísticos por parte do Museo de Pontevedra da man de Castelao-.
Este ano, fronte aos 14.000 euros en metálico concedidos en 2015, as contía das bolsas ascenden a 7.500 euros cada unha (30.000 euros en total).
"Entendemos que a concesión de axudas de patrocinio a creadores noveis é unha fórmula historicamente ben acollida e a resposta que tivemos por parte dos novos autores así o acredita. Os Novos Valores que se presentaron ao certame son artistas que están a medrar creativamente e agardamos que este premio sexa un trampolín que lles sirva de axuda", asegurou o responsable provincial de Cultura.
O xurado está formado polo propio Leal, así como pola vicedecana da Facultade de Belas Artes, Marina Susana Cendán; a galerista María Díaz Rey; os artistas Pedro Solveira Collazo e Francisco Pazos Martínez; o director do Museo, Carlos Valle; a técnico provincial de Xestión Cultural, María del Carmen Baloira; e o xefe do servizo de Cultura e Lingua, Antonio Santos.
Todos os seus integrantes realizaron unha primeira visualización das obras das diferentes disciplinas: pintura (34 piezas), escultura (31), fotografía (23), gravado (5), dibujo (12), diseño (2), vídeo (9) y varios (3).
Os traballos seleccionados exporanse ao público nas salas de exposicións temporais da Facultade de Belas Artes e da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais entre o 4 de agosto e o 11 de setembro. Así mesmo, non se descarta a exhibición itinerante das pezas noutros lugares da provincia, xunto coa reprodución na páxina web do Museo de Pontevedra ou nun catálogo impreso como complemento da exposición.
Relacionadas:
-
Os Novos Valores piden paso en Belas Artes
Por Redacción |
-
Diego Vites, María Maquieira, Basilisa Fiestras e Olmo Cuña, premiados coas bolsas Novos Valores 2016
Por Redacción |
-
A Deputación concederá 30.000 euros en bolsas de estudos aos gañadores do certame Novos Valores
Por Redacción |
-
Os Novos Valores 2015 ocupan o Sexto Edificio do Museo con 36 obras
Por Redacción |