Os Novos Valores piden paso en Belas Artes
Por Redacción
As salas de exposicións temporais da Facultade de Belas Artes e da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais acollen desde este xoves e ata o día 11 de setembro a exposición Novos Valores 2016.
Nela pode verse unha selección de obras presentadas ao certame, que tiña como premio unha bolsa de 7.500 euros para estudos artíticos.
"É un orgullo poder manter este certame e apostar por persoas que van desenvolver a súa traxectoria vital no mundo da arte", sinalou o deputado provincial de Cultura, Xosé Leal, antes da inauguración da mostra.
A exposición Novos Valores 2016 está composta polos traballos gañadores do certame e outras 32 pezas máis, contendo un total de 13 obras de pintura, sete de fotografía, seis debuxos, cinco esculturas, tres vídeos e dous gravados.
Os ganadores desta edición foron Diego Vites coa pintura 'Historiografía Tigua (sen xesta)', María Maquieira co seu debuxo 'El boceto ampliado', Basilisa Fiestras coa súa escultura 'Lentes' e Olmo Cuñas co seu vídeo 'Die sonne auf der Pfaueninsel'.
Consulta aquí os artistas e obras seleccionadas na exposición.
Relacionadas:
-
Diego Vites, María Maquieira, Basilisa Fiestras e Olmo Cuña, premiados coas bolsas Novos Valores 2016
Por Redacción |
-
Aumenta o interese dos artistas polo certame Novos Valores con 119 obras a concurso
Por Redacción |
-
A Deputación concederá 30.000 euros en bolsas de estudos aos gañadores do certame Novos Valores
Por Redacción |