Novos Cinemas inaugura a súa Edición 03
Por Redacción
A Edición 03 do festival Novos Cinemas é xa unha realidade, tras o acto de inauguración celebrado este martes no Teatro Principal de Pontevedra.
A proxección de 'Apuntes para una película de atracos', o último filme do cineasta Elías León Siminiani, foi a encargada de abrir a nova edición do festival de cinema como previa á súa chegada ás salas de Galicia.
Unhas horas antes xa abrira fogo a proxección das pezas do taller 'Un camiño posible', tutorizado polo cineasta Eloy Enciso con alumnos universitarios do campus de Pontevedra.
Por diante agora quedan varias xornadas, ata o domingo 16, dunha intensa programación con 15 películas na competición oficial das que 13 son estreas en Galicia e unha retrospectiva da cineasta lisboeta Teresa Vilaverde
Sen esquecer que nesta ocasión para as noites, o festival articula en colaboración coa Sala Karma unha programación musical cunha sesión de DJ do Galician Bizarre, concertos de bandas como Selvática, Pantano, Trompas de Farlopio, Glitter & Litter, Esposa, Disco Las Palmeras! o Rayotaser.
O público interesado en adquirir as súas entradas para asistir ao festival pode facelo a través de Ticketea a un prezo de 15 euros abono e 3 euros as entradas para unha soa sesión. Para todos aqueles que prefiran facer a súa compra de maneira física, o festival conta tamén con dous puntos de venda física: a Casa da Luz e o despacho de billetes do Teatro Principal.
Relacionadas:
-
A película chinesa 'Suburban Birds', de Jiao Qu de Niao, gañadora de Novos Cinemas 2018
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Novos Cinemas profunda na súa internacionalización cunha xira por México e Colombia
Por Redacción |
-
RADIO.- Conversas na Ferrería: Música pontevedresa para as noites de Novos Cinemas
Por Marisa Ciordia |
-
Luces, cámara... acción! Comeza Novos Cinemas
Por Redacción |
-
Novos Cinemas apúntase ás datas previas ao Nadal para ofrecer as películas máis alternativas
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
A terceira edición de Novos Cinemas contará con 15 películas nas súas seccións competitivas
Por Redacción |