Love of Lesbian, primeira confirmación para o Atlantic Fest 2019
Por Alejandro Espiño
Días despois de anunciar as datas para a súa edición de 2019, os días 26, 27 e 28 de xullo, a organización do festival Atlantic Fest confirmou o nome da primeira banda que actuará na Illa de Arousa este verán: Love of Lesbian.
A banda catalá regresa a Galicia nun dos mellores momentos da súa carreira, tras celebrar o seu vinte aniversario con El gran truco final, un disco en directo gravado no WiZink Center de Madrid.
Love of Lesbian subirá ao escenario principal do Atlantic Fest o día 27 de xullo, onde farán unha actuación moi especial uníndose á banda un trío de ventos, percusión, vibráfono e steel guitar. Con eles, repasarán os grandes éxitos da súa carreira.
Os abonos para Atlantic Fest atópanse á venda a través da web oficial do festival www.atlanticfest.com ao prezo reducido de 45 euros ata o 8 de xaneiro.
Relacionadas:
-
Los Planetas volven dous anos despois ao Atlantic Fest completando o seu cartel
Por Redacción |
-
Dorian e The New Raemon, entre as seis novas confirmacións do Atlantic Fest
Por Redacción |
-
O Atlantic Fest crece con Marlon Williams, Nacho Vegas, La Bien Querida, María Rodés e Cariño
Por Alejandro Espiño |
-
O Atlantic Fest xa ten datas para 2019: 26, 27 e 28 de xullo
Por Alejandro Espiño |