Rulo y La Contrabanda, nova confirmación do Maestral Music Festival de Sanxenxo
Por Redacción
O Maestral Music Festival de Sanxenxo non para de sumar novos nomes ao seu cartel, a pesar de que xa quedan poucas datas dispoñibles entre o 3 e o 23 de agosto.
O último ata o momento en subirse á primeira edición do festival foi Rulo y La Contrabanda, na que é a súa única data en Galicia na tempada estival.
O que fose líder da Fuga actuará no Parque Empresarial de Nantes o xoves 8 de agosto co seu proxecto en solitario, iniciado no ano 2010.
Rulo y La Contrabanda atópase enfrascado na composición e gravación do seu novo disco, pero confirmou a súa presenza nunha decena de festivais, entre o que se atopa o Maestral.
En canto á cita sanxenxina, a organización iniciou xa os traballos de acondicionamento e montaxe coa intención de ter todo a punto o día 29 de xullo, uns días antes de que se suba ao escenario o primeiro artista.
Con esta confirmación, o cartel de Maestral Music Festival queda configurado da seguinte maneira:
- 3 de agosto: Aitana
- 4 de agosto: Hombres G
- 8 de agosto: Rulo y La Contrabanda
- 9 de agosto: David Rees
- 12 de agosto: Noche Sabinera
- 13 de agosto: Black Light Gospel Choir
- 14 de agosto: #1980… (Javier Gurruchaga-Orquesta Mondragón-, Santi Santos –Los Limones-, Nacho Gª Vega –Nacha Pop-, Miguel Costas –Siniestro Total- e Carlos Segarra –Los Rebeldes- acompañados dos ferrolanos Nuevo Plan)
- 15 de agosto: Roi Méndez
- 16 de agosto: Raimundo Amador
- 17 de agosto: Salvador Sobral
- 18 de agosto: Luar na Lubre & Track Dogs
- 19 de agosto: Alfred García
- 20 de agosto: God Save The Queen
- 21 de agosto: Pablo López
- 22 de agosto: Pastora Soler
- 23 de agosto: Vanesa Martín
As entradas para todos os concertos están á venda en www.maestralfest.com, e a web de Ataquilla. Ademais pódense adquirir nas sedes de Afundación en Vigo, A Coruña e Ourense, e en Muñeca de Trapo, Sanxenxo.
Relacionadas:
-
27 artistas nacionais e internacionais ofrecerán concertos no Maestral Music Festival de Sanxenxo
Por Redacción |
-
A organización de Maestral busca persoal para o desenvolvemento dos concertos de Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |
-
Salvador Sobral actuará no Maestral Music Festival de Sanxenxo o 17 de agosto
Por Alejandro Espiño |
-
Roi Méndez (OT) tamén se suma ao cartel do Maestral Music Festival de Sanxenxo
Por Alejandro Espiño |
-
A 'resurrección' de Hombres G, nova confirmación para o Maestral Music Festival
Por Redacción |
-
O Maestral Music Festival mira de novo a OT: Aitana actuará en Sanxenxo o 3 de agosto
Por Alejandro Espiño |