Á venda as entradas para o concerto de Xabier Diaz e Guadi Galego no Pazo da Cultura
Por Redacción
Xa están á venda as entradas para o concerto especial de Guadi Galego e Xabier Diaz e as Adufeiras de Salitre que se celebrará o 4 de xullo ás 20:00 horas na explanada do Pazo da Cultura na que será á volta á "normalidade" en canto ao ámbito musical en Pontevedra.
Dende as 10:00 horas deste sábado, Ataquilla.com ten activada a venda das mesmas a un prezo de 18€ + gastos e contempla descontos do 20% para persoas en situación de desemprego.
Do memo xeito a organización informa que non serán válidas as entradas para os concertos de Xabier e/ou Guadi dentro de As Matinés e Voices respectivamente, polo que Ataquilla está a realizar de xeito automático a devolución tras informar aos compradores y compradoras mediante un correo electrónico. Recomendan revisar a caixa de spam e avisan de que dependendo da conta de destino, a devolución pode tardar ata unha semana.
No caso dos pases vendidos directamente no despacho da Casa da Luz, para recibir os cartos é preciso que as persoas afectadas contacten con devoluciones@ataquilla.com escaneando ou enviando unha fotografía da entrada e o número de conta ao que realizar a devolución.
En canto ás recomendacións e protocolos que hai que seguir para acceder e permanecer no recinto o día do evento, cando se achegue a data do concerto os compradores/as recibirán toda a información sobre os citerios sanitarios e organizativos.
Relacionadas:
-
VÍDEO.- O primeiro concerto da nova normalidade esgotou as entradas na Explanada do Recinto Feiral
Por Cristina Saiz |
-
Guadi Galego e Xabier Díaz darán en Pontevedra "o primeiro concerto deste novo mundo"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Manel, Xabier Díaz e Ele, tres propostas "de primeiro nivel" para as Matinés do Principal
Por Alejandro Espiño |