O Armadiña Rock adíase ata 2021 pero busca fórmulas alternativas para este verán
Por Redacción
Era un dos poucos eventos que aínda non confirmara que pasaría coa súa edición deste verán, pero a organización do festival Armadiña Rock desvelou por fin o seu futuro. Seguindo o exemplo de moitos outros festivais, queda aprazado ata 2021.
Iso non significa, con todo, que o rock non vaia a soar na Praza da Chousa en agosto. O festival asegura que está a estudar a fórmula para celebrar un evento que manteña a esencia do Armadiña Rock nas datas nas que se ía a celebrar, do 21 ao 23 de agosto.
A organización entende que é "inviable e imprudente" manter o formato habitual do festival, xa que a pandemia sanitaria e os actuais rebrotes fan que sexa "imposible" formular un evento multitudinario como é habitual.
"A parte esencial desta decisión é coidar do noso pobo, especialmente dos nosos veciños, dos asistentes e dos voluntarios que ano tras ano fan posible o festival", explica o Armadiña Rock.
Para este verán, o festival espera dar coa mellor maneira de apostar por un formato alternativo, que permita contar a Combarro cunha programación cultural "de calidade" e que permita gozar do "espírito" do Armadiña Rock "que tanto nos caracteriza".
Relacionadas:
-
O Armadiña Rock volve a Combarro o 20 e o 21 de agosto cunha edición centrada en bandas galegas
Por Redacción |
-
O Armadiña Rock muda o formato e substitúe a súa edición 2020 por unha pioneira publicación de banda deseñada
Por Redacción |
-
A cara máis mariñeira de Combarro volverá amosarse durante as datas do Armadiña Rock
Por Redacción |
-
Lamentan que o Concello de Poio volva "contraprogramar" o Armadiña Rock
Por Redacción |
-
O Armadiña Rock chega en banda deseñada para revivir o festival de todos os veráns
Por Oskar Viéitez |
-
Armadiña Rock 2020 xa ten datas: do 21 ao 23 de agosto
Por Redacción |