Xa poden mercarse as entradas e abonos para o FICBUEU 2020
Por Redacción
A organización do Festival Internacional de Curtametraxes (FIC) de Bueu puxo esta semana á venda as entradas e abonos para as proxeccións da 13 edición do evento cultural, que se desenvolverá a partir do 11 de setembro no Centro Social do Mar, no auditorio ou no 'punto de encontro' situado no primeiro andar
As entradas están á venda na web oficial do festival, www.ficbueu.com, e nos días previos ao festival tamén se venderán fisicamente no despacho de billetes. Abrirá do luns 7 ao xoves 10 de setembro, de 19 a 21 horas e nas datas do festival o horario será de 15:30 a 22:15 horas. Nas fins de semana tamén estará operativo polas mañás, entre as 10:30 e as 12:30 horas.
As sesións individuais terán un custo de 3 euros e o abono para as cinco xornadas da Sección Internacional será de 12 euros. Para as seccións Galicia R e España só hai entradas soltas.
O monólogo que Manuel Manquiña ofrecerá o 11 de setembro ás 22 horas, na xornada de apertura, terá un prezo de 15 euros.
A Sección Internacional desenvolverase do luns 14 ao venres 18 con catro pases a elixir, ás 16, 18, 20 e 22 horas.
O venres 18 adquiriranse presencialmente as entradas para a Gala de Clausura do día 19, ao prezo de 3 euros.
O sábado 12 e o domingo 13 de setembro, ás 18 horas, tamén se proxectarán os dous bloques da Sección Experimental e a Sección Comedia poderá verse o sábado día 19. O resto das proxeccións, entre as que se atopan as sesións matinais Infantil e Familiar, terán carácter gratuíto.
A programación do FICBUEU 2020 incorpora unha ducia de actividades máis con acceso de balde, para as que bastará con retirar un convite no despacho de billetes o mesmo día da súa celebración.
Relacionadas:
-
Cadernos FICBUEU presenta o seu primeiro número adicado á Nouvelle Vague
Por Redacción |
-
Manuel Manquiña falará en clave de humor do confinamento na apertura este venres do FICBUEU
Por Redacción |
-
A décimo terceira edición do FICBueu chega con estritas medidas de seguridade e o dobre de proxeccións
Por Redacción |
-
O MicroSonRías demostra que a cultura é segura tamén en época de pandemia
Por Redacción |
-
A directora Belén Funes, gañadora dun Goya con 'La hija de un ladrón', entre o xurado internacional do FICBUEU
Por Redacción |
-
A actriz Melania Cruz, Premio Cinema Galego do FICBUEU
Por Redacción |
-
59 dos 80 filmes seleccionados no FICBUEU 2020 estréanse en Galicia
Por Redacción |