'Nación', a película sobre as mulleres que loitaron contra o peche de Pontesa, chegará ás salas comerciais en marzo
Por Redacción
'Nación', a película dirixida por Margarita Ledo, que narra a historia das mulleres que loitaron contra o peche da fábrica de Pontesa, situada na parroquia pontevedresa de Ponte Sampaio, participará a finais de novembro no Festival de Cinema 'Márgenes' en Madrid.
Este traballo estrearase o martes 10 deste mes no Festival de Cinema Europeo de Sevilla, un dos máis eventos máis prestixiosos. Unha vez estreado comezará un percorrido por diferentes certames.
A empresa Nós Produtora Cinematográfica Galega anuncia que o paso de 'Nación' polas salas comerciais está previsto para marzo de 2021, coincidindo co Día Internacional da muller traballadora, pero esta previsión dependerá da situación sanitaria derivada da expansión da covid-19.
A película ofrece unha historia que combina o pasado e o presente sobre as mulleres galegas e universais. Está protagonizada polas actrices galegas Mónica Camaño e Nieves Lusquiños.
Relacionadas:
-
'Pontevedra, plató de cinema' aumenta o seu orzamento para impulsar as rodaxes na provincia
Por Redacción |
-
O cine de Pontevedra estrea "Nación", a película de Margarita Ledo sobre as mulleres da Pontesa
Por Alejandro Espiño |
-
'Nación', de Margarita Ledo, presentouse no Teatro Principal dentro dos actos de 'Novembro, mes da memoria'
Por Redacción |
-
O filme 'Nación' sobre as traballadoras da Pontesa proxectarase o venres no Teatro Principal previa reserva de praza
Por Redacción |
-
Margarita Ledo, premio á mellor dirección no Festival de Sevilla pola película "Nación"
Por Alejandro Espiño |
-
"Nación", a película de Margarita Ledo sobre as mulleres de Pontesa, estrearase en Sevilla
Por Alejandro Espiño |