Cancelados os concertos de Ele e Manel do ciclo Matinés do Principal a causa das novas restricións
Por Redacción
A cuarta edición do ciclo As Matinés do Principal cancélase debido ás novas restricións establecidas pola Xunta de Galicia ao longo de, polo menos, un mes. A organización decidiu levar a cabo esta decisión porque, aínda que consideran que a cultura é segura, deben seguir as recomendacións sanitarias, segundo expoñen nun comunicado.
A edición deste ano traía ao Teatro Principal nestas sesións matinais para un público familiar á cantante, compositora e pianista Ele e á prestixiosa banda catalá Manel. Os concertos estaban previstos para o 21 de novembro e para o 12 de decembro, respectivamente.
O importe das entradas que xa foran adquiridas devolverase de maneira automática nun prazo máximo de 15 días, segundo apuntan desde a organización.
Sinalan que o obxectivo é que As Matinés do Principal regresen máis pronto que tarde e que esta suspensión é un "pause" neste evento que promove a integración entre os artistas e as persoas asistentes aos concertos, promovendo tamén que os locais de hostalería do centro histórico saian beneficiados con estas actuacións matinais.
Relacionadas:
-
Volven as Matinés con Balthazar e Maika Makovski, pero no Pazo da Cultura
Por Oskar Viéitez |
-
Ele, sen concerto en Pontevedra: "Subir ao escenario é algo heroico nestes momentos"
Por Alejandro Espiño |
-
Ele, Manel, SÉS e Carlos Núñez actuarán en Pontevedra no último trimestre do 2020
Por Alejandro Espiño |
-
Manel, Xabier Díaz e Ele, tres propostas "de primeiro nivel" para as Matinés do Principal
Por Alejandro Espiño |