O Lago dos Cisnes, do Ballet Nacional Ruso, abre no teatro Afundación unha nova etapa con aforos ao 90 %
Por Redacción
O auditorio de Afundación de Pontevedra acollerá o próximo 21 de outubro a proposta do ballet nacional ruso do lago dos Cisnes. Será o primeiro evento co aforo case ao completo, despois do anuncio de Sanidade de permitir a ocupación do 90 % das butacas en eventos culturais.
A actuación está prevista para o 21 de outubro ás 20.30 horas e as entradas xa están á venda en Ataquilla. O evento celebrarase tamén no Teatro Afundación de Vigo o 12 de outubro e no Auditorio Abanca de Santiago, o día 20 do mesmo mes.
Nesta ocasión a recoñecida compañía representa en Galicia este epítome atemporal dos ballets clásicos que narra a historia de Odette, unha nova vítima do feitizo do terrible bruxo Von Rothbart que a converte en cisne durante o día, recuperando a súa forma humana durante a noite. Só unha declaración de amor verdadeira poderaa liberar da maldición.
O ballet nacional ruso fúndase en 1989, cando o solista do Teatro Bolshoi de Moscova, Sergei Radchenko, tenta realizar a súa visión dunha compañía que reunise aos elementos máis clásicos das grandes compañías de Ballet Kirov e Bolshoi nunha nova compañía de ballet independente dentro do marco do ballet clásico ruso. Os principais bailaríns de Rusia forxan baixo dirección de Radchenko unha emocionante compañía, poñendo en escena novas producións de clásicos atemporales como Giselle, Don Quixote, Paquita e Carmen. Desde os seus inicios, completou numerosas xiras por Europa con extraordinarias recepcións en Italia, Francia, España, Alemaña e os Países Baixos, ademais de Reino Unido, incluíndo numerosas representacións no famoso Coliseo de Londres.
Das xiras realizadas pola compañía destacan as completadas con gran éxito por Turquía (no Festival de Istambul), Grecia (Festival de Atenas), Xapón, Corea, Singapura, Hong Kong e EE. UU., onde todas as tempadas ofrece unha longa xira mostrando o seu amplo repertorio nas máis importantes salas e teatros do país americano.
Relacionadas:
-
Gabino Diego, Miguel de Lira ou Juan Echanove, na tempada de teatro de Afundación en Pontevedra
Por Redacción |
-
'A bela dormente' do Russian Classical Ballet volve a Pontevedra
Por Redacción |
-
Tchaikovsky chega a Pontevedra da man do Ballet de Moscova
Por Diego Torrado |
-
O Ballet de Moscova chega a Pontevedra co Lago dos Cisnes
Por Redacción |