Gabino Diego, Miguel de Lira ou Juan Echanove, na tempada de teatro de Afundación en Pontevedra
Por Redacción
A tempada de teatro de Afundación en Pontevedra desenvolverase entre os meses de novembro e decembro. Os abonos estarán dispoñibles na web Ataquilla.com desde o 26 de outubro ao 1 de novembro, aínda que tamén poderán adquirirse no propio despacho de billetes do centro os días 17 e 28 en horario de mañá e tarde.
Os abonos supoñen un 20 % de desconto con respecto ao prezo do billete individual.
A programación comezará o 11 de novembro ás 20.30 horas coa adaptación dramática da novela de Mario Vargas Llosa "La fiesta del Chivo", baixo a dirección de Carlos Saura e con Juan Echanove na pel do ditador Trujillo. A peza narra os últimos días do tirano da República Dominicana.
O 18 de novembro á mesma hora, Chévere e o Centro Dramático Nacional presenta unha recreación, a partir de retrincos documentais dunha memoria colectiva, do desastre ecolóxico do Prestige. Baixo a dirección de Xron, a obra conta con Miguel de Lira, Manuel Cortés ou Patricia de Lorenzo, entre outros.
O 18 de decembro, Gabino Diego e Carmen Barrantes presentarán a nova obra dirixida e adaptada por Magüi Mira, "Los mojigatos". As novas realidades sociais, os novos tabús ou o desmaio de certas liñas vermellas nunha relación son algúns dos temas que se tratan nesta peza na que unha parella tenta atopar unha solución á falta de sexo na súa vida.
Relacionadas:
-
Gabino Diego: "Moitas das películas que admiramos non se poderían facer agora. Habería censura"
Por Alejandro Espiño |
-
Chévere reconstrúe a memoria colectiva galega co Prestige como pano de fondo
Por Redacción |
-
Juan Echanove, Carlos Saura e Vargas Llosa desvelan os últimos días do ditador Trujillo
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Juan Echanove trae 'La fiesta del Chivo' ao auditorio de Afundación
Por Oskar Viéitez |
-
Chévere reflexiona con N.E.V.E.R.M.O.R.E. sobre a catástrofe do Prestige
Por Oskar Viéitez |
-
A Sociedade Filarmónica recupera o seu programa de concertos
Por Redacción |
-
O Lago dos Cisnes, do Ballet Nacional Ruso, abre no teatro Afundación unha nova etapa con aforos ao 90 %
Por Redacción |