PortAmérica: Origen e Son Rías Baixas, finalistas ao mellor festival nos Iberian Festival Awards
Por Alejandro Espiño
Dous festivais das Rías Baixas, o PortAmérica: Origen e o SonRías Baixas, figuran entre os nomeados na sexta edición dos Iberian Festival Awards, uns premios que recoñecen aos eventos musicais máis destacados de España e Portugal.
Ambos optan ao premio como mellor festival, segundo anunciaron este xoves os organizadores destes galardóns, que se entregarán en Lisboa o próximo 25 de marzo.
Tanto PortAmérica: Origen, celebrado en Portas, como o SonRías Baixas, que se desenvolveu en Bueu, figuran noutras tres categorías, mellor comunicación e estratexia de márketing, mellor contribución á sustentabilidade e mellor seguridade fronte á covid-19.
O de Bueu está ademais entre os finalistas á mellor recepción de asistentes e o de Portas ás mellores fotografías dun festival, realizadas por Janite Lafuente, e ao mellor recinto, por celebrarse na vella fábrica azucreira de Portas.
Tamén hai recoñecemento para dous dos seus concertos, o de Deluxe en PortAmérica: Orixe e o de Kase.Ou no SonRías Baixas, nomeados como mellor actuación en directo.
Un terceiro festival pontevedrés, O Son dos Arrieiros (A Estrada), foi nomeado tamén a estes premios, coa súa presenza en catro categorías: mellor novo festival, mellor festival baixo teito, mellor programación cultural e mellor contribución á sustentabilidade.
Relacionadas:
-
O espírito de PortAmérica reforesta os montes de Portas
Por Redacción |
-
Lori Meyers, Coque Malla, Delaporte ou Andrés Suárez nun PortAmérica 2022 que se adianta a xuño
Por Alejandro Espiño |
-
Intervencións, obradoiros, conferencias e concertos chegan a Pontevedra da man de 'Vértixe 9. En paralelo'
Por Redacción |
-
A noite na que Xoel López 'resucitou' a Deluxe
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Público de pé e oito 'sectores burbulla': Así será o PortAmérica da (case) normalidade
Por Alejandro Espiño |
-
As Rías Baixas recuperan os seus festivais
Por Manu Otero |