'De Babiano Méndez-Núñez a Mendoza Babiano', unha exposición para revivir a historia de tres mulleres célebres en Pontevedra
O Museo de Pontevedra inicia este xoves 24 a exposición 'De Babiano Méndez-Núñez a Mendoza Babiano. Dúas xeracións de mulleres para a historia de Pontevedra' cuxa finalidade é amosar a vida de Carmen Babiano Méndez-Núñez e as súas fillas María e Concha Mendoza, mulleres burguesas que viviron no Palacete das Mendoza entre o século XIX e o XX.
As mostras incluirán reconstrucións da época mediante pintura, música, fotografía e moda, así como obxectos persoais, obras de arte, libros, fotografías inéditas ou exemplos da súa vestimenta restaurados para esta ocasión. "É a primeira vez que se van a ver moitos deses fondos que levan aquí desde principios dos anos 70" declaran Reis Camiña, Beatriz de San Ildefonso e Natalia Fraguas, as organizadoras da exhibición.
Estes elementos servirán para coñecer a educación que recibiron estas mulleres de alta sociedade e as actividades artísticas e culturais que levaron a cabo ata converter o Palacete das Mendoza nun referente cultural. A súa repercursión chega á actualidade, xa que o Palacete é a sede de Turismo Rías Baixas.
O percorrido divídese en dúas partes: unha dedicada á nai e a súa traxectoria como artista e unha segunda ás súas fillas como continuadoras do seu legado; ademais de distribuírse en diferentes apartados como a sociedade, o Palacete das Mendoza sendo reflexo do luxo burgués, Oriente no chalé, a imaxe interior e o culto á beleza e a moda e os complementos.
A exposición permanecerá aberta ata o 24 de abril no edificio Castelao, como indica o Museo de Pontevedra na súa páxina web. Tamén se organizarán visitas teatralizadas pola compañía Señora Supina todos os sábados en dúas quendas: ás 17:30 e 19:00 horas. Para asistir, as persoas interesadas deberán enviar un correo electrónico a reservas.museo@depo.gal.
Relacionadas:
-
Este xoves comezan as visitas guiadas á exposición 'De Babiano Méndez-Núñez a Mendoza Babiano'
Por Redacción |
-
Itinerarios no Museo para que as 17 autoras da súa colección de arte sexan "artistas visibles"
Por Redacción |
-
Luxo burgués, alta sociedade e culto á moda na Pontevedra do XIX na exposición sobre as moradoras do Palecete das Mendoza
Por Redacción |
-
Unha semana de actividades no Museo polo Día da Muller
Por Redacción |
-
O Museo lembrará dúas xeracións de mulleres pontevedresas na mostra 'De Babiano Méndez-Núñez a Mendoza Babiano'
Por Redacción |