O Salón do Libro chega o seu ecuador cargado de actividades para todos os públicos
Por Redacción
A XXIII edición do Salón do Libro superou este sábado o ecuador con "grande éxito" tanto pola resposta do público como polas valoracións recibidas.
Un ano no que se recuperou a prensencialidade e os aforos ao 100% logo de dous anos nos que se levou a cabo de xeito online en 2020 e que chegou nesta ocasión con tanta ilusión como todos os anos.
"Traballamos moi duro durante moitos meses para levar a cabo esta edición, con moita ilusión e moita gana de poder recibir no Salón á xente e aos centros escolares. É moi satisfactorio ver o interese que ten a xente, como se cubren as prazas das actividades etc, pero o máis satisfactorio é ver a cara da cativada e gozar con eles das súas primeiras veces logo destes dous anos tan malos", manifestou a concelleira de cultura.
É por iso que desde o Concello fan unha moi boa valoración cunha apertura de portas "moi emocionante" nunha primeira semana na que se celebrou o décimo aniversario de Fíos de Baobab Teatro, 30 anos de Cantanto con Migallas ou o marabilloso espectáculo do clow Marcel Gros 'Encuentracuentos'. Os bebés gozaron con 'Cabaliño Hop!' de Soledad Felloza e 'Kenka un kenko' de Cris de Caldas, quen tamén levou a cabo un contacontos para familias acompañada de Xabi do Camiño. Tamén houbo historias de 'Lamiak', da man de Marcos Dios e Maria Zarate (da delegación Euskal Herria) e cos amigos de Polo Correo do Vento, que achegaron a Maruja Mallo.
Reviravolta, Pintaletras con Cris Corral e Leandro Lamas trouxeron os obradoiros de cociña; houbo actividades do Museo do Videoxogo de Cangas, da Asociación Paspallás, ou o videoclip do Salón con Leucoiña Pasea, que completaron a finde dunha semana na que tamén se celebrou a primeira sesión da visita 'Castelao e os libros' organizada en colaboración co Museo de Pontevedra.
Rodalibros tivo que cancelar algunha das súas saídas por mor do tempo inestable e os Roteiros 'Cidades con arte' de Taller Abierto e 'Pintamos a cidade' con Espacio Matrioska tiveron que ser adiados e celebrarse esta fin de semana.
Durante as mañás de luns a venres o Salón acolleu a visita de 17 centros escolares de infantil e primaria, que gozaron dos contacontos con Bea Campos, Migallas e Pavís Pavós, obradoiros da man de Hematorítico, Galpón Lab e Curiosaurios Club e os espectáculos de Raquel Queizás 'Cinema Marabillas' e Jara Ortiz con 'Marta e a píntega'. A posteriori todos eles realizaron unha visita guiada á Sala da man do monitorado do Salón.
A partir desta vindeira semana estas actividades continuarán pero tomará peso o alumnado dos IES que asistirá a varias sesión do espectáculo 'Na lingua na que eu creo' da man de Bocixa, Pakolas e Laura Romero e encontros con Kiko Dasilva, Lorena Conde, Concha Pasamar, Xosé Cobas ou Raquel Queizás.
Nas tardes da semana destaca a presencia dos contacontos de Charo Pita, Raquel Queizás, Trinketrinke Teatro, Ana Apika e os Monicreques de Kukas ou os obradoiros da man do monitorado do Salón, 'Unha caca moi cuca' de Irene Gasalla, os gastronómicos ou a 'viaxe ao surrealismo' con Alba Troiteiro. Tamén das visitas guiadas á Sala tanto da man do monitorado como da artista Ana Seoane, directora artística da ambientación do Salón ou na tarde do venres, do roteiro 'Arte urbana' de Leucoíña Pasea.
Para os adultos celebraron varios faladoiros creativos da man de AGPI, sobre arte e ilustración, coas rapazas des Espazo Brétema descubrimos con moito éxito que 'Outra arte é posible', e pechamos a semana o venres 18 da man de Miguel Ángel Cajigal 'El Barroquista' que nunca charla coa xornalista Belén López, fixoas delicias do numeroso público asistente.
Na xornada deste sábado o Salón do Libro recibiu numerosas visitas de público chegado de Vigo ou Santiago que se achegaron ao Salón para gozar dos obradoiros e contos para bebés da man respectivamente de Espacio Arkhé e Ana Apika, os obradoiros de banda deseñada con Anxo Fariña, os gastronómicos da man de Reviravolta, novas sesión do videoclip do Salón e actividades co MuVI, os contacontos familiares de Ana Apika (deldegación Euskal Herria) e Títeres Babaluva. Os exploradores creativos percorreron a Illa do Covo da man de Taller Abierto e as máis bailongas esgotaron as entradas para a festa que organizou no auditorio 'Uxía Lambona e a banda molona' co seu traballo Astronauta Sideral.
XORNADA DO DOMINGO
Na xornada deste domingo estase a celebrar o Día da Narración Oral cun roteiro de historias por diferentes espazos do Salón a cargo de Pavís Pavós, Polo Correo do Vento, Raquel Queizás e Bea Campos ao tempo que os amigos de Espazo Matrioska, 'Pintamos a cidade'
Para a tarde están programados os obradoiros gastronómicos, 'Postáis máxicas' e 'Son a pera!' con La Platanera, 'A arte de pásalo ben' con Hematocrítico, a música para bebés da man 'Lydia Botana' e os contos de Roxín Roxal con Uxío Novoneyra, Ignacio Vilariño, Manel Loureiro.
A xornada a pechará cara as 19:00 horas o espectáculo musical 'Paxaro amigo. Músicas para a paz' da man de Mamacabra para o que aínda quedan entradas que podedes mercar online en Ataquilla.com e unha hora antes na billeteira do Auditorio.
21 DE MARZO DÍA DA POESÍA
Este lunes se celebrará o día da poesía co obradoiro 'Palabras que pintan' de Tamara Andrés, a sesión de contos e música ' Federico García Lorca visita Pontevedra' da man de Polo Correo do Vento e Antón Ke, arte poética e visita guiada da man do monitorado do Salón.
A programación para adultos contará co encontro poético con Marica Campo -autora homenaxeada no Salón, no evento 'Teñamos a Poesía e Paz'- que dará paso cara ás 21:00 horas á sesión do clube de lectura do Salón cara na Platería para falar coa autora de NosOutras.
Relacionadas:
-
Expertos europeos e xaponeses analizan desde Pontevedra a evolución da banda deseñada na era dixital
Por Redacción |
-
O Salón do Libro expande o seu universo cun espazo lector que abrirá todo o ano
Por Alejandro Espiño |
-
Satisfacción no Salón do Libro pola "resposta tan positiva" do público tras anos "complicados"
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Marica Campo e Xosé Cobas, homenaxeados no Salón do Libro polo seu labor literario
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
Bueu celebrará o Día da Poesía cun concerto de Alberto Cunha
Por Redacción |
-
Espazo Brétema e O Barroquista, protagonistas esta semana da programación para adultos no Salón do Libro
Por Redacción |
-
Pontevedra convértese nunha cidade de conto con motivo do Día Internacional da Narración Oral
Por Oskar Viéitez |
-
Domingo para saborear "pan de millo" no Salón do Libro
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Propostas para todos os gustos na segunda xornada do Salón do Libro
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |