Shinova, unha das sorpresas que aínda gardaba o Atlantic Fest
Por Alejandro Espiño
A organización do Atlantic Fest aínda se gardaba, polo menos, unha sorpresa baixo a manga. A banda vasca Shinova súmase ao festival, que se celebrará na praia da Concha, en Vilagarcía de Arousa, os días 15, 16 e 17 de xullo.
A actuación de Shinova, que chega da man da xira Vibra Mahou, será concretamente o primeiro día do festival, o sábado 15 de xullo.
A banda liderada por Gabriel de la Rosa, que actuou recentemente na Sala Karma de Pontevedra, presentará en directo o seu último disco, La buena suerte.
Con este traballo, Shinova dan un paso adiante na súa carreira musical, aínda que manteñen a esencia da súa personalidade rockeira.
O Atlantic Fest conta para esta edición de 2022 cun cartel de auténtico luxo, no que figuran, entre outros, Izal, Andrés Calamaro, Fangoria + Nancys Rubias, Los Planetas, La Casa Azul, Quique González, María Arnal i Marcel Bagés ou Rojuu.
As entradas están á venda na páxina web oficial do festival, www.atlanticfest.com, a un prezo de 55 euros.
Relacionadas:
-
Rías Baixas Fest, sete citas musicais obrigadas entre xuño e setembro na provincia
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Izal e Quique González redondean o cartel do Atlantic Fest 2022
Por Alejandro Espiño |
-
Regresa o Atlantic Fest e confirma os concertos de Andrés Calamaro, Los Planetas y Fangoria + Las Nancys Rubia
Por Oskar Viéitez |