Chega á Alameda de Ponte Caldelas o primeiro Festival Troita Folk
Por Redacción
Chega a Ponte Caldelas o I Festival Troita Folk, un evento organizado polo grupo de gaitas e baile Os Coribantes, que presentará o seu terceiro e último disco 'A Ponte da Música' na Alameda da vila.
Será o venres 27 de maio, día inaugural do gran festival que pretende converterse nun referente folk para a comarca.
O seguinte día, o sábado 28, será o turno dos grupos de baile e das actuacións do Grup Folkloric Sa Colla de Buscastell, de Ibiza, e do grupo de Baile de Coribantes.
O peche á gran festa será o domingo 29 a partir das 19:00 horas cunha sesión de cantos de taberna que contará coa participación dos grupos Catro Ventos e Cantanascroas de Salcedo.
O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, presentou o festival acompañado de Ángel Rodríguez Lale, de Os Coribantes, Plácido Pillado, de Catro Ventos, e Enrique Juncal de Cantanascroas.
Relacionadas:
-
Máis de mil racións de troita, pan e viño repártense na última xornada da Festa da Troita polos Pobos
Por Redacción |
-
Os Coribantes presentan o seu novo traballo este venres en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
O 'maio troiteiro' polas parroquias arranca con éxito en A Roca
Por Redacción |
-
A Roca estrea o percorrido do 'maio troiteiro' polos pobos de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Maio volverá a ser 'troiteiro' en Ponte Caldelas
Por Redacción |