Estrea de sesións vermú con Marilia Monzón, Pablo Lesuit e Igloo no PortAmérica 2022
Por Redacción
'A Tafona' será o escenario matinal do novo formato de "sesións vermú" que se presenta neste Festival PortAmérica 2022. Celebrarase durante a mañá das xornadas do sábado 4 e do domingo 5 de xuño en Caldas de Reis, unha iniciativa que se suma aos concertos previstos para as xornadas do 2, 3 e 4 de xuño na Azucreira de Portas.
Todas aquelas persoas que queiran participar poderán sumarse a estes concertos na Tafona que ofrecerán diferentes estilos musicais desde o indie ao folk pasando pola cantiga. O programa previsto é o seguinte:
Sábado 4: Marilia Monzón; Marisa Valle Roso; Santi Araújo e Pablo Lesuit
Domingo 5: Mavica, Sarria e Igloo.
A esta novidade tamén se engade a confirmación da artista arxentina Nathy Peluso, que será a encargada de pechar a programación do sábado 4 de xuño en Portas. O Festival contará tamén con Bizarrap; WOS; e Xoel López que completan cun cartel onde destacan Depedro, Alice Wonder, Lisandro Aristimuño, Rojuu, The Parrots, Instituto Mexicano Del Sonido e Flecha Valona.
Por primeira vez está previsto que a acampada de PortAmércia realícese na Carballeira de Caldas de Reis para ofrecer catro días de aloxamento aos campistas no centro da vila para partir do 1 de xuño. Os tickets para a acampada atópanse dispoñibles a través da web do Festival.
A organización lembra que as entradas compradas para 2020 teñen validez para estas novas datas e xa se atopa á venda unha cota limitada de abonos por 65 euros máis gastos de distribución a través de Portamerica.es. No mesmo portal tamén se poden adquirir entradas diarias por 30 euros máis gastos de distribución.
Relacionadas:
-
PortAmérica eleva o pano dos grandes festivais do verán nas Rías Baixas
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Música, natureza e gastronomía, cóctel vangardista do bicéfalo PortAmérica 2022
Por Redacción |
-
Mocidade menor de 30 anos de Caldas gozará de entradas gratis en PortAmérica
Por Redacción |
-
Acceso gratuíto ao Portamérica para os empadroados en Portas de 16 a 30 años
Por Redacción |
-
'Fichaxe' bomba do PortAmérica: Nathy Peluso súmase ao cartel do festival
Por Alejandro Espiño |
-
Xoel López, Depedro, Alice Wonder e WOS, entre as novas confirmacións para PortAmérica 2022
Por Alejandro Espiño |
-
O espírito de PortAmérica reforesta os montes de Portas
Por Redacción |