'Fichaxe' bomba do PortAmérica: Nathy Peluso súmase ao cartel do festival
Por Alejandro Espiño
Se xa PortAmérica reunira un cartel de excepción para a súa edición de 'regreso á normalidade', a última fichaxe que realizou o festival eleva aínda máis o listón. A artista arxentina Nathy Peluso súmase á súa oferta musical.
Actuará no recinto da Azucreira de Portas na terceira e última xornada do PortAmérica 2022, o sábado 4 de xuño, anunciaron este venres os organizadores do festival.
Compartirá cartel ese día con Xoel López, Mikel Erentxun, Depedro, Viva Suecia, Amparanoia, Serbia, Queralt Lahoz, Flecha Valona, os peruanos Dengue Dengue Dengue ou os tamén arxentinos Bizarrap e Lisandro Aristimuño.
Nathy Peluso, que desenvolveu a súa carreira musical en España, creou un estilo particular no que soubo fusionar a súa afinidade polo jazz e os ritmos elegantes coas súas influencias do hip- hop e a música urbana.
É, hoxe en día, unha das estrelas da escena musical contemporánea en castelán. Na última edición dos Grammy Latino, recolleu o premio ao mellor álbum de música alternativa polo seu último disco, Calambre.
As entradas para o PortAmérica 2022 seguen á venda, a un prezo de 65 euros polo abono dos tres días. O pase por día custa actualmente 30 euros.
Relacionadas:
-
Música, natureza e gastronomía, cóctel vangardista do bicéfalo PortAmérica 2022
Por Redacción |
-
Estrea de sesións vermú con Marilia Monzón, Pablo Lesuit e Igloo no PortAmérica 2022
Por Redacción |
-
Rías Baixas Fest, sete citas musicais obrigadas entre xuño e setembro na provincia
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Mocidade menor de 30 anos de Caldas gozará de entradas gratis en PortAmérica
Por Redacción |
-
Acceso gratuíto ao Portamérica para os empadroados en Portas de 16 a 30 años
Por Redacción |
-
Xoel López, Depedro, Alice Wonder e WOS, entre as novas confirmacións para PortAmérica 2022
Por Alejandro Espiño |
-
O espírito de PortAmérica reforesta os montes de Portas
Por Redacción |
-
Lori Meyers, Coque Malla, Delaporte ou Andrés Suárez nun PortAmérica 2022 que se adianta a xuño
Por Alejandro Espiño |