O Museo Massó abre os seus fondos de cartografía marítima histórica
Por Redacción
O Museo Massó de Bueu abre as actividades dos seu XX aniversario coa exposición 'Camiño de papel e de estrelas'. Nesta mostra comparte co público varias pezas dos seus fondos sobre cartografía marítima histórica.
A mostra, comisariada pola directora do museo, Covadonga López de Prado, realiza un percorrido cartográfico pola ruta marítima da lenda da Traslatio do corpo do Apóstolo Santiago. Tamén inclúe documentos e cartas de navegación por outros territorios como o Mediterráneo, a Península Arábiga e o Golfo Pérsico. Estará aberta ata finais de ano.
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, inauguraba este venres a exposición e referíase ao Museo Massó como "un referente cultural da comarca".
O titular de Cultura da Xunta tamén sinalou o importante papel que a conserveira Massó xogou "no desenvolvemento económico e social que experimentou o Morrazo no século pasado e este museo soubo recoller o testemuño daquel tempo".
AMPLIACIÓN DO MUSEO MASSÓ
De cara ao futuro, avanzou que unha das accións máis inmediatas para potenciar este museo é o proxecto de ampliación do centro por máis dun millón de euros que, como indicou, se atopa en fase de licitación de redacción do proxecto con vistas a que estea finalizado en 2023.
Esta obra suporá incorporar todas as naves do antigo complexo conserveiro Massó Hermanos no funcionamento do museo. Unha seguinte actuación será a da creación dunha nova sala de interpretación no Concello de Bueu para a posta en valor do pasado romano da vila a través dun acordo co Goberno local e que está previsto que remate o vindeiro ano.
Relacionadas:
-
O Museo Masso, preparado para o "paso adiante" que dará desde esta primavera
Por Redacción |
-
Seis meses de obras para acondicionar a Sala do Bueu Romano
Por Redacción |
-
Sábado artístico solidario na Praza Massó grazas a 'Art for change' co obxectivo de apadriñar unha balea
Por Redacción |
-
Vinte empresas interésanse polo proxecto de recuperación do Museo Massó de Bueu
Por Redacción |
-
Comeza o proceso administrativo para acometer as obras de conservación do Museo Massó
Por Redacción |
-
O Museo Massó incorporará todas as naves da antiga conserveira
Por Redacción |