Concerto gratuíto da Orquestra Sinfónica de Galicia con pezas de Falla, Debussy e Turina
Por Redacción
A Orquestra Sinfónica de Galicia ofrecerá o venres 11 de novembro a partir das 20.00 horas no Auditorio municipal de Vilagarcía un concerto de entrada libre e gratuíta, con control de aforo pero sen reserva previa. Desde o goberno local, solicitan que o público se achegue ao recinto con tempo suficiente para respectar ao máximo a hora de inicio do concerto.
A formación musical estará dirixida nesta ocasión por José Trigueros, con Pablo Amorós ao piano.
O programa para este recital estará formado nunha primeira parte por pezas como 'Noites nos xardíns de España', de Manuel de Falla. Durante a segunda parte presentarase o 'Preludio á sesta dun fauno', de Claude Debussy e, entre outras, a 'Sinfonía sevillana' de Joaquín Turina. Estas tres obras foron estreadas no seu momento polo director Enrique Fernández Arbós.
Estas obras foron seleccionadas por pertencer a unha franxa temporal de menos de trinta anos na que se estableceu a amizade entre os tres compositores protagonistas desta cita musical a partir de que Falla se instara en París no ano 1907
Este concerto celébrase nesta nova data, despois de que fora suspendido con motivo da folga de transportes.
Relacionadas:
-
Concerto gratuíto da Orquestra Sinfónica de Galicia para achegar a música clásica á cidadanía
Por Redacción |
-
Recital da Orquestra Sinfónica de Pontevedra para estrear o ano con boa música
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |
-
Valses e polcas de Strauss "á galega" no concerto de Aninovo da Orquesta Sinfónica de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |