Valses e polcas de Strauss "á galega" no concerto de Aninovo da Orquesta Sinfónica de Pontevedra
Por Oskar Viéitez
Unha moi boa forma de rematar esas interminables conversas despois da comida do 1 de xaneiro é asistir ao concerto de Aninovo que ofrece ese día a Orquestra Sinfónica de Pontevedra ás 19:30 horas no Pazo da Cultura.
A concelleira de Cultura de Pontevedra, Carme Fouces presentou este evento musical acompañada pola presidenta da Sinfónica de Pontevedra, Judith Rey; o músico Suso Vaamonde e Kike Vázquez, representante do grupo de baile tradicional galego Tequexetéldere, da Estrada.
Judith Rey explicou que o concerto terá dúas partes: a primeira, con música galega e os bailes do grupo Tequexetéldere, e a segunda cos máis de 50 músicos da orquestra rememorando os sons de Viena, como valses ou polcas pero "á galega". A directora convidada será Isabel Rubio.
Sen querer desvelar todas as sorpresas que teñen preparadas, Suso Vaamonde anunciou que "melodías muy conocidas de la música clásica pero intrepretadas con zanfona, gaitas, ocarinas", entre outros instrumentos de raíz galega.
Simón Couceiro e Juan Lois Diéguez son os reponsables de composicións e diferentes arranxos dentro do programa no que avanzan novidades con pegada "galego-vienesa".
Fouces tamén sinalou que, ademais dunha "boa desculpa" para levantarse da mesa, asistir a este "espectáculo de primeira magnitude" pode ser "un magnífico agasallo de Nadal". O prezo das entradas é de 10, 12 e 15 euros.
AGASALLA CULTURA
Carme Fouces aproveitou a ocasión para recomendar outras dúas actividades culturais para agasallar, como se promove coa campaña "Agasalla Cultura". Son, a obra 'Nueva York en un poeta', interpretada por Alberto San Juan, previsto para o 21 de xaneiro no Teatro Principal ás 20:30 horas. E a actuación de Nacho Vegas coa súa xira 'Mundos inmóviles colapsándose', o 27 de xaneiro de 2023 ás 21:00 horas no Pazo da Cultura con presentación previa ás 19:30 horas do libro Hey! de Hans Laguna a cargo do propio músico e a xornalista Chus Gómez Dorrego. Os dous espectáculos teñen un prezo de 12 euros.
Relacionadas:
-
Recital da Orquestra Sinfónica de Pontevedra para estrear o ano con boa música
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |
-
Tres espectáculos para agasallar este Nadal
Por Redacción |
-
Aberto o prazo de inscrición ás probas de acceso para a Xove e para a Infantil Orquestra Sinfónica
Por Redacción |
-
Concerto gratuíto da Orquestra Sinfónica de Galicia con pezas de Falla, Debussy e Turina
Por Redacción |