'A Cova dos Libros Fantásticos', a biblioteca do Pazo da Cultura con máis de 3.000 libros de literatura galega
Por Almu Dapena
Pontevedra ten "fame de cultura". Así o confirmou a concelleira de Cultura do Concello de Pontevedra, Carme Fouces, debido á "boa acollida" de 'Ponteatro' en case todas as obras e o "éxito mágnifico" dos 'Domingos no Principal'.
É por iso que Fouces, aproveitando o momento que vive a Boa Vila en canto a participación nas actividades culturais, presentou este venres un proxecto "emocionante e ilusionante" destinado ao público familiar. Trátase de 'A Cova dos Libros Fantásticos', un novo espazo-biblioteca situado no Pazo da Cultura onde os nenos e nenas poderán atopar máis de 3.000 libros de literatura infantil e xuvenil en galego, que aumentará todos os anos con novidades que vaian saíndo.
Adiantou a concelleira que ademais, dentro de 'A Cova dos Libros Fantásticos' pasarán "cousas fantásticas", con encontros con autores e autoras, encontros creativos, contacontos ou celebracións, que iranse anunciando aos poucos para que a xente que queira participar se apunte.
Este lugar fantástico será "un refuxio de paz e lectura con entrada gratuíta", pero que terá como condición a obrigatoriedade de facerse socio debido a que os libros poderanse prestar e levar para casa.
'A Cova dos Libros Fantásticos' estará aberta desde o xoves 17 de novembro ata o 30 de marzo e unicamente pechará a primeira semana de xaneiro. Todas as persoas que queiran gozar dunha boa lectura en galego poderán facelo os luns e os xoves de 17:00 a 20:00 e os sábados de 10:30 a 11:30 horas en horario susceptible a cambio.
Relacionadas:
-
Un ciclo de danza, xornadas de banda deseñada e o regreso de Núbebes, novidades do semestre cultural
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra estreará en 2023 un ciclo de danza que incluirá unha residencia artística
Por Alejandro Espiño |
-
Programadas 11 novas funcións escénicas en Pontevedra dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios
Por Redacción |
-
Domingos do Principal, Ponteatro, Voices e As Matinés do Principal, fío condutor da programación cultural ata final de ano
Por Alejandro Espiño |
-
Satisfacción no Salón do Libro pola "resposta tan positiva" do público tras anos "complicados"
Por Redacción & Cristina Saiz |