Os 'Libros para xogar' do próximo Salón buscan quen os ilustre
Por Redacción
O Salón do Libro busca ilustrador ou ilustradora para o cartel da súa próxima edición, que se celebrará entre o 21 de abril e o 7 de maio de 2023 baixo a temática "Libros para xogar".
Os artistas galegos -ou residentes en Galicia- que queiran optar a deseñar a imaxe creativa do próximo salón terán que enviar unha mostra do seu traballo antes do próximo 11 de decembro ao correo salondolibro@pontevedra.gal.
O dossier, en formato PDF, debe contar cunha selección de entre 10 e 30 ilustracións recentes e un breve currículo onde se indique lugar de nacemento e lugar de residencia actual.
O seleccionado terá un prazo máximo dun mes, a partir do momento de comunicación da súa escolla, para presentar a súa proposta de cartel acorde ao lema
A organización do Salón valorará a calidade técnica, compositiva, a adecuación ao público infantil e xuvenil das obras, o universo creativo do artista e a potencialidade do seu traballo, independentemente da súa traxectoria previa.
Terase en conta a orixinalidade e a capacidade comunicativa do conxunto do seu traballo.
A persoa seleccionada recibirá por esta encarga un importe de 3.000 euros.
Relacionadas:
-
Un lobo anda solto pola Boa Vila
Por Oskar Viéitez |
-
Dous premios nacionais de literatura para dar lustre ao quinto Congreso de Mediación Lectora
Por Redacción |
-
O Salón do Libro encherá as rúas de Pontevedra de arte urbana cun Laboratorio Creativo
-
O ilustrador Iván Rodríguez unifica o xogo coa lectura no cartel do Salón do Libro 2023
Por Redacción |
-
O Salón do Libro 2023, unha homenaxe ao xogo e a Manuel Lourenzo e Maife Quesada
Por Mónica Patxot & Natalia Puga |