Un lobo anda solto pola Boa Vila
Por Oskar Viéitez
Orbil, o lobo mascota do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra regresou á súa cita coa Boa Vila.
Dez bonecos de gran tamaño desta simpática figura repartiranse entre este luns e o martes polos barrios da cidade para dar visibilidade a esta cita cultural que dedica esta edición aos "Libros para xogar".
O mapa coas localizacións foi deseñado por Tania Solla.
A figura de Órbil estará no interior e no exterior do Pazo da Cultura, no parque de Ponte Boleira, neste caso a figura foi decorada polo alumnado do bacharelato artístico do IES Frei Martín Sarmiento, do mesmo xeito que fixo o da Facultade de Belas Artes co da Praza de España.
Tamén hai lobos na rúa José Casal, no parque Europa de Monte Porreiro, na pasarela do tren da rúa 12 de Novembro, na Ponte do Burgo, no parque de Campolongo e no Paseo Antonio Odriozola fronte á Praza da Ferrería.
Esta edición 2023 do Salón do Libro servirá para render homenaxe ao xogo e tamén ao escritor e profesor Manuel Lourenzo e a ilustradora Maife Quesada.
Celebrarase entre os días 21 de abril e 7 de maio e o país convidado será Colombia.
Entre as novidades máis destacadas, nesta ocasión o salón contará cunha 'Troca de libros' e un Laboratorio Creativo, un espazo de participación e creación vencellado á arte urbana.
Relacionadas:
-
O Museo e o Salón do Libro, unidos a través da exposición 'Había outra vez'
Por Redacción |
-
Abre un Salón do Libro que promete "dar máis xogo que nunca"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O alumnado de Belas Artes presenta dúas exposicións en torno á pintura e o gravado
Por Redacción |
-
Un texto de Manuel Lourenzo reúne nunha exposición do Museo a catro artistas
Por Redacción |
-
Este é o programa completo do Salón do Libro
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Dous premios nacionais de literatura para dar lustre ao quinto Congreso de Mediación Lectora
Por Redacción |
-
O Salón do Libro encherá as rúas de Pontevedra de arte urbana cun Laboratorio Creativo
-
O ilustrador Iván Rodríguez unifica o xogo coa lectura no cartel do Salón do Libro 2023
Por Redacción |
-
Os 'Libros para xogar' do próximo Salón buscan quen os ilustre
Por Redacción |
-
O Salón do Libro 2023, unha homenaxe ao xogo e a Manuel Lourenzo e Maife Quesada
Por Mónica Patxot & Natalia Puga |