Revenidas redondea o seu cartel con 13 novas confirmacións
Por Redacción
O Festival Revenidas completa o seu cartel, ou case, para a edición que terá lugar o próximo mes de setembro en Vilaxoán, entre os días 7 e 10.
Ata 13 novas confirmacións redondean os concertos anterioremente anunciados.
Trátase de bandas como Tremenda Jauría, Zetak ou La Regadera xunto a grupos galegos como The Rapants ou Familia Caamagno. Ademais súmanse a Revenidas Xosé Lois Romero e Aliboria, Hydm, Sheila Patricia, Nativa, Mondra, La Yaya DJ, Kris K DJ e a proposta infantil de Uxía Lambona e a Banda Molona.
Cartel CASE completo para o #Revenidas2023 !
— Festival Revenidas (@Revenidas) June 22, 2023
Que che parece? Que artista crees que falta?
Entradas á venda en https://t.co/awi9U934Dq #Revenidas Do 7 ao 10 de setembro en Vilaxoán pic.twitter.com/uBKNbenzBd
Esta batería de confirmacións súmanse a un festival que xa contaba con grandes nomes, cos únicos concertos en Galicia de Ska-P e Zoo, ademais de Desakato, Heredeiros da Crus, Dakidarría, Los Chikos del Maíz, Ana Tijoux, Sara Hebe, Rodrigo Cuevas, Tropa do Carallo, K1ZA, O Rabelo, Arrythmia, Rebeliom do Inframundo, The Skarnivals, Lamatumbá, Fillas de Cassandra e Me Fritos and The Gimme Cheetos.
Os abonos para o Revenidas 2023 están á venda na web www.revenidas.com, a un prezo de 57 euros máis gastos de xestión.
Relacionadas:
-
Revenidas cumpre 20 anos redobrando a súa aposta polo talento galego, feminino e emerxente
Por Alejandro Espiño |
-
Tanxugueiras, Antía Ameixeiras, Su Garrido, Zeltia Irevire, Sheila Patricia e MJ Pérez nos concertos abordo do Revenidas
Por Redacción |
-
A Gala Solidaria de Circo do Revenidas contará con Peter Punk, Uxía Molona e o Mago Paco
Por Redacción |
-
Panteón Rococó e La Élite completan o cartel do Revenidas 2023
Por Redacción |
-
Revenidas presenta o cartel por días e pon á venda as entradas para cada xornada do festival
Por Redacción |
-
Rías Baixas Fest 2023 ofrece propostas de ocio espectaculares ata o 10 de setembro
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Ana Tijoux, Desakato, Heredeiros da Crus e Rodrigo Cuevas, novas incorporacións ao cartel do Revenidas
-
Revenidas estrea o seu cartel para 2023 cos únicos concertos de Ska-P e Zoo en Galicia
Por Alejandro Espiño |