A Gala Solidaria de Circo do Revenidas contará con Peter Punk, Uxía Molona e o Mago Paco
Por Redacción
Non se entende o festival Revenidas sen a celebración da Gala Solidaria de Circo. A deste ano terá lugar o domingo 10 de setembro a partir das 17.30 horas, xusto despois da tradicional sardiñada popular. E, coma sempre, a entrada é de balde
A Gala acollerá a actuación de Peter Punk que presenta un renovado espectáculo para todos os públicos cun humor traste, fresco e irreverente.
Tamén estará o Mago Paco, un dos poucos especializados na categoría de maxia infantil.
Dende Cataluña chegará Nono, un clown con máis de 15 anos de traxectoria, que presentará un espectáculo de malabares e manipulación que fará viaxar ao público polo seu mundo de fantasía.
Outras das presenzas destacadas da Gala é a de Asacocirco. A compañía que fundaron e dirixen Miriam Crespo e João Alvim transformará o recinto do Revenidas nunha pista de circo, onde a risa, o risco, a diversión e a espectacularidade están garantidas.
O circo, o humor e a maxia mestúranse tamén na proposta que presentará Simplemente Enrico, co seu espectáculo 'Heinrich, aprendiz de mago', no que relata as aventuras e desventuras deste ilusionista ao que case nunca lle saen os trucos ou se lle nota a trampa pero que, ao tempo, é capaz de facer sorprendentes números de malabares, equilibrios e funambulismo.
Da parte musical da Gala farase cargo Uxía Lambona, especialista en recoller os clásicos da música popular galegas e darlles o seu toque particular, tinguíndoos de ska, reggae, klezmer ou rock.
Relacionadas:
-
Preto de 7.000 persoas escoitarán no Revenidas a Ska-P, Rodrigo Cuevas, Heredeiros da Crus e Dakidarría
Por Redacción |
-
Revenidas cumpre 20 anos redobrando a súa aposta polo talento galego, feminino e emerxente
Por Alejandro Espiño |
-
Tanxugueiras, Antía Ameixeiras, Su Garrido, Zeltia Irevire, Sheila Patricia e MJ Pérez nos concertos abordo do Revenidas
Por Redacción |
-
Panteón Rococó e La Élite completan o cartel do Revenidas 2023
Por Redacción |
-
Revenidas redondea o seu cartel con 13 novas confirmacións
Por Redacción |