Fillas de Cassandra triunfan no inicio do ciclo 'Con voz de muller'
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
Comezou o ciclo 'Con voz de muller' na Praza da Ferrería este xoves e as primeiras artistas en subirse ao escenario foron Fillas de Cassandra, un grupo formado por Sara Faro e MaríaSOA, dúas mozas que decidiron iniciar esta traxectoria musical despois de manter un encontro causal na cidade de Vigo.
A súa proposta musical móvese entre as cantigas tradicionais e a electrónica contemporánea. O seu primeiro traballo discográfico de longa duración, 'Acrópole', foi publicado en febreiro de 2023 e nesta obra fan referencia ás heroínas universais como Antígona, Lisístrata ou Cassandra.
Ao ritmo de "Varre Vasoira, Vasoira miña", as voces destas dúas mulleres que interpretan tamén a percusión e o piano buscan que o público coree "a guerra imos parar", utilizando os ritmos das melodías das cantareiras galegas.
Este venres será A Banda da Loba quen ofreza o segundo concerto do ciclo coas súas cancións que se moven entre o pop e o rock. Presentarán o seu último traballo 'Xabón Lagarta' entre outras pezas do seu percorrido musical a partir das 22.30 horas na Praza da Ferrería.
O sábado chegará a quenda dunha agrupación fundamental na música galega como Leilía e xa o domingo vai finalizar 'Con voz de muller' coa actuación da rockeira Sés.
A entrada a todos estes concertos é libre e forman parte das Festas de Verán de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Sés, a reivindicativa voz de muller no rock galego, electrifica A Ferrería
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |
-
A Ferrería encheuse para gozar de Leilía
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |
-
Do 7 ao 11 de agosto, blues e soul vibrarán na Ferrería no 29º Festival Internacional de Jazz e Blues
Por Anxo Lourido |
-
As festas da Peregrina están ao virar a esquina e as luces xa o anuncian
Por Mónica Patxot & Natalia Puga |
-
Fillas de Cassandra, A Banda da Loba, Leilía e Sés retumbarán con voz de muller as noites da Ferrería
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Abre a feira de artesanía e deseño Chalana con postos de venda e demostracións de teceduría artesá
Por Cristina Saiz & María José Pita |