As festas da Peregrina están ao virar a esquina e as luces xa o anuncian
Por Mónica Patxot & Natalia Puga
As festas da Peregrina xa están ao virar a esquina, empezarán formalmente o vindeiro sábado 12 de agosto, pero nestes últimos días en Pontevedra xa comexou a respirarse ambiente festivo. Un dos motivos foi xa o inicio da instalación da iluminación festiva.
A maior parte das rúas do centro da cidade teñen xa instalados os arcos de luces que animarán Pontevedra durante os días grandes das festas.
A iluminación festiva forma parte dun contrato xeral adxudicado polo Concello de Pontevedra para a subministración (en réxime de alugueiro) e instalación da iluminación festiva para as festividades de Nadal 2022-23, Entroido 2023 e festas de verán 2023.
Dentro dese contrato, adxudicouse á empresa Creacions Luminosas S.L. a iluminación das festas de verán por 32.000 euros sen impostos, 38.720 con impostos incluídos.
O orzamento basee de licitación para todo o contrato, incluídas as tres épocas festivas do ano, foi de 200.000 euros, 165.289,25 sen impostos.
Finalmente, para o Nadal adxudicouse por 115.000 euros sen impostos, 139.150 impostos incluídos, mentres que as luces do Entroido custaron 14.800 euros, 17.908 con impostos. No caso das festas de Nadal, a ese orzamento hai que sumar o contratado polas asociacións comerciais da cidade, Zona Monumental e AEMPE, e tamén o custo da iluminación do mercado de abastos, 40.000 euros.
Relacionadas:
-
As atraccións da Peregrina xa están inspeccionadas e revisadas
Por Redacción |
-
Operativo especial de tráfico con motivo das Festas da Peregrina a partir do martes 8 de agosto
Por Redacción |
-
Fillas de Cassandra triunfan no inicio do ciclo 'Con voz de muller'
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
A cidade di adeus á súa iluminación de Nadal máis concienciada e polémica
Por Natalia Puga |
-
Comeza a instalarse o alumeado de Nadal nas rúas de Pontevedra, que agardará ata o 16 de decembro para o seu acendido
Por Redacción |
-
O Mercado de Abastos inaugura a súa iluminación cun "coidado absoluto polo medio ambiente"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Pontevedra non encenderá as luces de Nadal ata o 16 de decembro
Por Alejandro Espiño |