Abre a feira de artesanía e deseño Chalana con postos de venda e demostracións de teceduría artesá
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/bc6/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjK0UipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0inJL1CyrgUA_/64b7d15338-20230719-saiz-paseo-odriozola-inauguracion-chalana-0053.jpg)
© Cristina Saiz
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/4f2/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/64b7d15370-20230719-saiz-paseo-odriozola-inauguracion-chalana-0056.jpg)
© Cristina Saiz
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/2d6/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/64b7d152a2-20230719-saiz-paseo-odriozola-inauguracion-chalana-0048.jpg)
© Cristina Saiz
Este mércores 19 de xullo abrían as trece casetas, a maioría de artesáns galegos, que forman a feira de artesanía e deseño Chalana no Paseo Antonio Odriozola de Pontevedra.
Na súa 16 edición, esta cita co produto artesán é xa unha cita xa tradicional nas Festas do Verán.
A concelleira María José Abilleira visitaba os diferentes postos e daba a benvida por parte do Concello aos artesáns.
A edil manifestaba a importancia desta feira. "Ademais de poñer en valor os produtos propios da artesanía, tamén poñen en valor o lugar e os sitios onde se desenrolan, nos centros das vilas e nos centros das cidades".
Este percorrido facíao acompañada de Xosé Tristán, pertencente a Asociación Deseño Atlántico, a organizadora de Chalana. Tristán afirmaba que "esta feira funciona moi ben, os artesáns marchan moi contentos, incluso hai lista de espera".
A Feira de Artesanía e Deseño Chalana estará aberta do 19 de xullo ao 6 de agosto en horario de 11.00 a 14.00 h e de 19.00 a 22.00 h.
Todos os días da feira haberá demostracións en vivo de traballos de teceduría artesanal con tear a cargo do Taller 'Cuaderna Maestra' de Pontevedra, con María José Lois á fronte.
ARTESÁNS EN CHALANA
- Amorei (xoiería de Arcade)
- Llue Vidrio (vidro de Asturias)
- Xacarandá (taller de xoiería de Pontevedra)
- Mario López (xoiería cerámica de Vigo)
- Cuaderna Maestra (teceduría de Pontevedra)
- Os Alegres (obradoiro de instrumentos tradicionais de Mourente)
- Montse Betanzos (coraleira do Grove)
- Chueco (traballo co coiro da Coruña)
- Magma (reciclado de botellas de Pontevedra)
- Coiro Tres Pés (traballo co coiro de Campañó)
- Aloe Plant (cosmética artesá desde Almería)
Feira de Artesanía e Deseño Chalana 2023
Do 19 de xullo ao 6 de agosto, no Paseo Antonio Odriozola, en horario de 11.00 a 14.00 h e de 19.00 a 22.00 h, pódese visitar a Feira de Artesanía e Deseño Chalana
© Cristina Saiz
Relacionadas:
-
Fillas de Cassandra triunfan no inicio do ciclo 'Con voz de muller'
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Local Pop/Rock desembarca esta fin de semana na Boa Vila para dar visibilidade ao talento musical pontevedrés
Por Redacción |
-
Pontevedra busca ser un "fervedoiro" cunhas Festas de Verán convertidas no 'Pontevedra Verán Fest'
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |