Celme volve levar o nome de Pontevedra ao Festival Internacional de Danza Folclórica de Edimburgo 11 anos despois
Por Natalia Puga
A agrupación folclórica Celme regresou nos últimos días, 11 anos despois da última vez, a Edimburgo. Alí, participou no 26 Festival Internacional de Danza Folclórica de Edimburgo, organizado pola agrupación local Dunedin Dancers.
O grupo pontevedrés xa participara neste festival hai 28 e hai 11 anos e agora regresou cunha viaxe que, como os anteriores, deixou moi boas recordos dos seus bailes e músicas tradicionais na capital de Escocia.
Durante a súa estancia en Escocia, Celme actuou no centro da cidade de Edimburgo, en concreto na auditoría exterior de Princess Street Gradens, no Grassmarket e no Teatro da Academia de Edimburgo. Tamén se desprazou ata o Castelo de Stirling, onde actuou con grupos tamén convidados de Bélxica e Escocia.
A través da súa música e os seus bailes, miles de escoceses e visitantes na cidade puideron gozar da cultura galega e o nome de Pontevedra volveu soar en Escocia.
Os integrantes de Celme interpretaron para as escoceses muiñeiras, xotas, valse e pasodobres utilizando o seu vestiario de gala.
Recentemente chegados de Edimburgo, os integrantes de Celme participaron este sábado 12 de agosto na ofrenda á Virxe Peregrina, con actuacións na praza da Peregrina e na praza da Ferrería.
Celme celebrará en 2024 o seu 40 aniversario, para o que xa está a preparar diferentes actos na cidade.
Relacionadas:
-
O traslado da carroza procesional abre o programa relixioso das Festas da Peregrina
Por Oskar Viéitez & Natalia Puga |
-
325 integrantes de doce grupos participarán este venres no 50 aniversario do Día da Muiñeira
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Celme presume en Qatar de cultura galega con motivo do Mundial
Por Redacción |
-
Representación pontevedresa no Mundial de Qatar coa Agrupación Folclórica Celme
Por Redacción |
-
Celme organiza un festival folclórico no Teatro Principal
Por Redacción |