A cultura galega únese no Pazo da Cultura "contra a barbarie" en Palestina
Por Cristina Saiz & Redacción
Pontevedra foi este domingo o lugar elixido para amosar o apoio de Galicia ao pobo palestino. O Pazo da Cultura acolleu a gala solidaria 'Cultura contra a barbarie', que recibiu ás persoas asistentes cunha simulación dunha fronteira con Israel, militares incluídos, e deu paso a toda unha lección de solidariedade por parte da cultura galega.
Unha vez que o público xa se meteu en ambiente pasando por esa fronteira como a que está presente de forma permanente na vida do pobo palestino, un vídeo cargado de emotividade e un manifesto reivindicativo deron a benvida á cita, organizada para recadar fondos para o pobo palestino.
No último mes, 10.500 persoas foron asasinadas en Gaza, entre elas, 5.000 crianzas, nun territorio que é apenas a metade da provincia de Pontevedra, e onde dous millóns de persoas están ameazadas cunha terrible opción: ou deixar a súa casa para sempre ou morrer nela, asasinados por un dos exércitos máis potentes do mundo.
Moi concienciados con esa situación, na gala actuaron Melania Cruz, Muerdo, Mercedes Peón, Najla Shami, Mago Teto, Rossina Castelli e Iván Prado. Desde o escenario pediron o fin do xenocidio en Palestina.
O evento, organizado pola ONG Pallasos en Rebeldía co respaldo de Culturactiva S. Coop. e a colaboración do Concello de Pontevedra e Galiza por Palestina, resultou todo un éxito de recadación e de concienciación.
Relacionadas:
-
Concentración en Montecelo para rexeitar o bombardeo de hospitais en Palestina
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
29 obras foron vendidas por 3.500 euros na mostra aberta do Ateneo de Pontevedra con Palestina
Por Redacción |
-
Chapas de #SandíasPolaPaz para esixir o alto o fogo contra a poboación palestina
Por Anxo Lourido |
-
Somos Ponte pon en valor a solidariedade pontevedresa
Por Oskar Viéitez |
-
"Cultura contra a barbarie", a gala solidaria para axudar dende Pontevedra o pobo palestino
Por María José Pita |
-
Pontevedra condena a "crueldade inusitada" de Hamás e esixe a Israel que deteña o "xenocidio" en Palestina
Por Alejandro Espiño |
-
Novo acto de solidariedade co pobo palestino na praza da Peregrina
Por Anxo Lourido |
-
Pontevedra participa das concentracións contra o "xenocidio" do pobo palestino
Por Redacción |