O campionato de inverno, difícil pero a tiro para o Pontevedra
Por Diego Espiño
A falta de dúas xornadas para o final da primeira volta da liga, o Pontevedra Club de Fútbol ten a tiro o campionato de inverno, título honorífico que se outorga ao equipo que chega líder ao ecuador da liga.
Non depende en todo caso de si mesmo o conxunto granate, terceiro na táboa tras o seu empate en casa do Ourense. O conxunto da Cidade das Burgas é precisamente primeiro na táboa con 31 puntos, 2 máis que os de Yago Iglesias, mentres que o Zamora, que tamén empatou a última xornada, é segundo con 30 puntos.
Nesta situación, para ser campión de inverno, o Pontevedra necesitará recortar esa distancia primeiro na visita do Fabril ao Estadio Municipal de Pasarón no último encontro do ano (domingo 17, 17.00 horas) e despois no desprazamento do 7 de xaneiro ao campo do Racing Villalbés.
No que respecta a os seus rivais o Ourense deberá xogar a domicilio fronte ao Oviedo Vetusta e na casa contra Real Aviles, e o Zamora pechará o ano recibindo o Langreo e estreará 2024 fóra ante a Arandina.
SETE VECES CAMPIÓN DE INVERNO EN TODA A SÚA HISTORIA
Exceptuando os seus dous primeiros anos de vida e a tempada 57/58 (nas que militou en categoría rexional), o Pontevedra non foi moitas veces campión de inverno. De feito só o logrou en sete ocasiones, a última no curso 2014/2015 en Terceira División, nunha campaña na que terminaría certificando o ascenso a Segunda B.
Esa é de feito a única vez que os granates lideraron a táboa ao ecuador da competición no que vai de século, xa que nin sequera conseguiuno na 21-22 cando ascendeu a Primeira RFEF (era segundo a cinco puntos do Adarve) ou na 03/04 cando asinou o lembrado ascenso a Segunda División contra o Lorca (era segundo a dous puntos do Racing de Ferrol).
Neses primeiros anos do século XXI, cun Pontevedra candidato a todo na Segunda B, o conxunto da Boa Vila chegou a ser cinco veces subcampión de inverno, tres delas de maneira consecutiva (entre a 05/06 e a 07/08).
Para atoparse con outro equipo granate campión honorífico a metade de tempada hai que retroceder moitos máis anos, ata a campaña 83/84, cando chegou como líder en Terceira nun curso no que tamén terminaría ascendendo. En realidade era o terceiro campionato de inverno consecutivo debido a que tamén o conseguiu na 81/82 e a 82/83 pero sen lograr a final de curso o salto de categoría.
As outras tres veces que o Pontevedra foi campión de inviernoi foron as tempadas 59/60, 47/48 e 46/47, todas elas en Terceira.
Entre medias, cabe destacar a mellor tempada da historia granate, a 65/66 do Hai que Roelo en Primeira División, cando se chegou ao ecuador da liga na segunda posición a só 3 puntos do Atlético de Madrid.
Relacionadas:
-
Remontada, goleada e liderado granate (4-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Fabril "vai esixir estar 90 minutos concentrados e controlar esa calidade individual que teñen", segundo Yago Iglesias
Por Almu Dapena |
-
A última xornada do ano, solidaria en Pasarón e o Pavillón Municipal
Por Redacción |
-
Chiqui: "O noso obxectivo é quedar primeiros, cada partido afrontámolo como unha final"
Por Diego Espiño |
-
O Fabril, un filial historicamente incómodo para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Vilalba, primeira viaxe de 2024 para a 'Marea Granate'
Por Redacción |
-
As tarxetas empezan a ameazar o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Yago Iglesias: "Imos contentos co que o equipo fixo porque competiu ben"
Por Almu Dapena |
-
Empate sen goles e pouco fútbol no derbi entre o Pontevedra e o líder Ourense CF
Por Almu Dapena |
-
Que lle pasa ao céspede de Pasarón?
Por Diego Espiño |