O Fabril, un filial historicamente incómodo para o Pontevedra
Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol prepárase para afrontar a última xornada do ano, coa visita do RC Deportivo Fabril ao Estadio Municipal de Pasarón (domingo 17, 17.00 horas).
Trátase dun duelo con historia, e é que os granates viron as caras co segundo equipo deportivista ata en 48 ocasións ao longo da historia entre Liga e Copa do Rei, xa que ambos os dous disputaron unha eliminatoria deste torneo cando os filiais aínda podían disputalo (tempada 84-85).
De feito, a pesar de ser un filial, trátase dun rival incómodo historicamente para o Pontevedra, que sae perdedor do cara a cara con 17 vitorias, 10 empates e 21 derrotas en total.
Con todo fai xa catro anos que non se atopan nun encontro oficial, desde a campaña 18-19 na que coincidiron na Segunda B. Aquel curso o resultado en Pasarón foi de empate a dous goles mentres que na Coruña venceu o Pontevedra por 0-1. Un ano antes, na 17-18 asináronse outras táboas a beiras do Lérez (2-2) con triunfo deportivista na cidade deportiva de Abegondo (1-0).
O certo é que non se vive un triunfo pontevedrés fronte ao Fabril en Pasarón desde a 2010/2011 (2-0). Desde entón o filial coruñés visitou a Boa Vila en seis ocasiones, cuaro delas en Terceira División, cun balance de tres empates e tres derrotas.
Estatísticas en calquera caso que pouco importarán cando empezo a rodar o balón, como tampouco contará o estado de forma de cada un dos dous equipos cun Deportivo Fabril, dirixido por Óscar Gilsanz, recentemente ascendido á categoría e que só sumou un triunfo nas seis últimas xornadas, caendo ao posto 12 da clasificación a só dous puntos do descenso.
Relacionadas:
-
Remontada, goleada e liderado granate (4-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Fabril "vai esixir estar 90 minutos concentrados e controlar esa calidade individual que teñen", segundo Yago Iglesias
Por Almu Dapena |
-
A última xornada do ano, solidaria en Pasarón e o Pavillón Municipal
Por Redacción |
-
Chiqui: "O noso obxectivo é quedar primeiros, cada partido afrontámolo como unha final"
Por Diego Espiño |
-
Vilalba, primeira viaxe de 2024 para a 'Marea Granate'
Por Redacción |
-
As tarxetas empezan a ameazar o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
O campionato de inverno, difícil pero a tiro para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Yago Iglesias: "Imos contentos co que o equipo fixo porque competiu ben"
Por Almu Dapena |
-
Empate sen goles e pouco fútbol no derbi entre o Pontevedra e o líder Ourense CF
Por Almu Dapena |