Chiqui: "O noso obxectivo é quedar primeiros, cada partido afrontámolo como unha final"
Por Diego Espiño
O plantel do Pontevedra Club de Fútbol quere acabar da mellor maneira posible o ano, cun triunfo fronte ao RC Deportivo Fabril no Estadio Municipal de Pasarón (domingo, 17.00 horas) que lle permita optar ao liderado de grupo ou canto menos a seguir a tiro de pedra do mesmo.
"O noso obxectivo é quedar primeiros, cada partido afrontámolo como unha final", recoñeceu este xoves en rolda de prensa Óscar Castellano 'Chiqui'.
O extremo granate asegura que o equipo "está ben" e concienciado en non repetir erros como os protagonizados en Covadonga, e é que "sabemos que para gañar os partidos hai que estar 100% concentrados, non valen só 45 minutos", sobre todo porque "nesta competición calquera che pode gañar".
No que respecta a a visita do Deportivo Fabril, Chiqui avisa do seu perigo, xa que "os filiais non sabes por onde che poden saír, teñen xogadores de moita calidade".
O 11 granate, que chegou a encadear nove titularidades consecutivas ata a derrota en Covadonga, aspira esta semana a recuperar un posto no once que propoña Yago Iglesias tras dúas xornadas achegando desde o banco.
Relacionadas:
-
Remontada, goleada e liderado granate (4-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Fabril "vai esixir estar 90 minutos concentrados e controlar esa calidade individual que teñen", segundo Yago Iglesias
Por Almu Dapena |
-
A última xornada do ano, solidaria en Pasarón e o Pavillón Municipal
Por Redacción |
-
O Fabril, un filial historicamente incómodo para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Vilalba, primeira viaxe de 2024 para a 'Marea Granate'
Por Redacción |
-
As tarxetas empezan a ameazar o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
O campionato de inverno, difícil pero a tiro para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Yago Iglesias: "Imos contentos co que o equipo fixo porque competiu ben"
Por Almu Dapena |
-
Empate sen goles e pouco fútbol no derbi entre o Pontevedra e o líder Ourense CF
Por Almu Dapena |