O olímpico Jean Marie Okutu volve á Gimnástica unha década despois
Por Redacción
Primeira incorporación da Sociedade Gimnástica para a tempada 2024, aínda que máis que unha fichaxe é unha volta a casa.
O marinense Jean Marie Okutu regresa ao club pontevedrés unha década despois, co obxectivo de tentar recuperar o seu nivel.
Okutu, que os últimos anos defendeu as cores do FC Barcelona, foi once veces campión nacional entre os títulos conseguidos ao aire libre (2009, 2011, 2013, 2016, 2017, 2018) e pista cuberta (2013, 2014, 2015, 2016, 2020).
O saltador de lonxitude, olímpico en Río 2016, formouse como atleta na Gimnástica, á que chegou con oito anos e na que competiu a nivel absoluto entre 2007 e 2012.
"Con este palmarés é difícil non sentir ilusión ao ter un atleta de tal compromiso e nivel de volta no club", recoñece con ilusión o club pontevedrés.
Relacionadas:
-
Desvelado o camiño da Gimnástica no Campionato de España de Clubs de División de Honra e Primeira División
Por Redacción |
-
A Gimnástica roza o dobrete na Copa Xunta de atletismo en pista cuberta
Por Redacción |
-
Catorce atletas súmanse a Jean Marie Okutu na renovación do equipo masculino da Gimnástica
Por Alejandro Espiño |
-
A Gimnástica presenta á súa nova mascota, 'Ravatleta'
Por Redacción |
-
A Gimnástica sobe ao podio no Campionato de España de Campo a través por clubs
Por Redacción |
-
Sabela Martínez e Hugo Casañas, ouros pontevedreses no Nacional Sub-16 de Federacións Autonómicas
Por Redacción |