Ganas de desquite no Arxil no seu enfrontamento deste sábado co Miralvalle
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido
Comeza a segunda volta na Liga Feminina 2 e o CB Arxil deberá enfrontarse ao Hierros Cruz Miralvalle no pavillón da cidade deportiva de Plasencia o sábado 20, ás 18.30 horas.
Sera un encontro en que as pontevedresas tentarán lograr o desquite, despois da derrota sufrida no primeiro partido da tempada cando o Miralvalle levaba o duelo na prórroga nun partido intenso celebrado no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
O obxectivo de ambos os equipos é lograr meterse nos postos de clasificación das eliminatorias de ascenso.
Desde o Arxil cualifican ao Miralvalle como un conxunto "moi rochoso que xoga en bloque". Varias das xogadores do equipo de Plasencia son xeradoras de xogo e determinantes nos momentos cruciais dos partidos.
O Miralvalle ocupa a segunda praza na clasificación con once vitorias e só dúas derrotas.
O Arxil, que se atopa no terceiro posto da táboa, viaxa confiado en que a presión corresponde ao equipo local e as xogadoras do club pontevedrés esperan romper a mala serie que acompaña ás verdes nas súas visitas á cancha placentina.
O partido, considerado un clásico da categoría, será transmitido pola canle da FEB TV da Federación Española de Baloncesto.
Relacionadas:
-
Un mal segundo cuarto impide o Arxil asaltar o segundo posto (73-47)
Por Redacción |
-
Satisfacción no Arxil tras rematar a primeira volta en postos de play-off de ascenso
Por Redacción |
-
Tropezo do Arxil en León (86-79)
Por Redacción |
-
Solvente triunfo do Arxil ante o Tenerife (79-46)
Por Redacción |