Naval de Pontevedra e Ciudad de Pontevedra inician a tempada vencendo no Campionato Galego de Inverno de embarcacións dobres
Por Redacción
O encoro de Castrelo de Miño foi escenario do Campionato Galego de Inverno de Piragüismo de embarcacións de equipo (K2 e C2), cita na que foron protagonistas dous clubs pontevedreses.
O Club Naval e a Escola de Piragüismo Ciudad de Pontevedra proclamáronse vencedores da competición autonómica, celebrada en distancia de 3.000 metros.
Na categoría senior masculina, o Naval de Pontevedra proclamouse como vencedor cun total de 275 puntos. O Piragüismo Verducido e o Piragüismo Vilaboa ocuparon a segunda e terceira posición, respectivamente, con 212 e 196 puntos.
Pola súa banda a clasificación feminina estivo comandada pola EP Ciudad de Pontevedra con 199 puntos, seguido polo Kayak Tudense en segundo lugar con 130 puntos, e o Piragüismo Cidade de Lugo no terceiro posto con 120 puntos.
A nivel individual cumpríronse a maioría de prognósticos, con vitorias como as de Adrián Sieiro e Manuel Fontán (O Muíño) e Antía Otero e Noa Conde (Ciudad de Pontevedra) no C-2, ou de Antonio Palmás e Diego Castro (Piragüismo Vilaboa) no K-2.
Relacionadas:
-
A canoa pontevedresa, potencia nacional
Por Diego Espiño |
-
Aprobada a designación a Pontevedra de tres grandes eventos nacionais de piragüismo para 2024
Por Diego Espiño |
-
O Piragüismo Verducido lócese na casa
Por Redacción |
-
Positivo peche do Campionato de España para o piragüismo pontevedrés
Por Almu Dapena |
-
Choiva de medallas para os padeeiros pontevedreses na segunda xornada do Campionato de España
Por Almu Dapena |
-
Adrián Sieiro consegue o ouro e o pase para o mundial na apertura do Campionato de España de Piragüismo Sprint
Por Manu Otero |