Adrián Sieiro consegue o ouro e o pase para o mundial na apertura do Campionato de España de Piragüismo Sprint
Por Manu Otero
A actividade non cesa no complexo deportivo David Cal do Pontillón do Castro. Se este xoves o encoro de Verducido acollía os selectivos nacionais para o Mundial de piragüismo sprint, este venres no mesmo escenario comezou o campionato de España desta disciplina e terminará este domingo.
Un total de 700 deportistas competirán ao longo destes tres días na pista de regatas pontevedresa, entre eles estarán boa parte dos mellores canoístas e kayakistas de Galicia e do resto de España.
Un deles é Adrián Sieiro, que esta mañá de venres impúxose con claridade na final do C1-500 selando o seu pase para o campionato do mundo que se celebrará na cidade alemá de Duisburg a finais de agosto.
O padeeiro do Náutico O Muíño de Ribadumia, impúxose aos canoístas do Ciudad de Pontevedra Martín Jácome e Pablo Crespo, que completaron o podio certificando o dominio da armada pontevedresa nesta disciplina.
Precisamente, Pablo Crespo demostrou estar nun estado de forma excepcional conquistando de novo a vitoria na final do C1-1000, algo que xa conseguira no selectivo celebrado na xornada anterior tanto nesta modalidade como a bordo do C2 co seu compañeiro de equipo Martín Jácome. Neste caso, ningún outro pontevedrés puido acompañalo no podio, o seu principal rival na xornada do xoves, Noel Domínguez, non tivo o seu día e concluíu a final en última posición. Diego Romero e David Barreiro, do Breogán do Grove, foron sextos e sétimos respectivamente. Mentres que a prata e o bronce foron para Jaime Martínez e Andrii Zakharev, do CMI Sevilla e do Fluvial de Lugo.
Na canoa feminina, sen a participación de Antía Jácome, o protagonismo foi para a súa compañeira no C2 María Corbera, gañadora na distancia de 500 metros por diante de Valeria Oliveira, do Piragüismo Poio e de Sandra Royo, do EP Aranxuez.
Si que participou a olímpica pontevedresa na quenda de tarde na proba do C1-200 para exhibir o seu poderío. Antía impúxose con solvencia á súa curmá e compañeira de equipo Claudia Couto, que foi segunda. Mentres que o terceiro posto foi para Helena Gómez-Millán, do Náutico de Sevilla, que lle arrebatou o bronce a Valeria Oliveira por escasas 7 décimas.
Nas finais do kaiak individual os piragüistas pontevedreses careceron de protagonismo nas finais da quenda de mañá e de primeira hora da tarde deste venres. Para a xornada do sábado está previsto o inicio da competición para as embarcacións dobres.
Relacionadas:
-
Naval de Pontevedra e Ciudad de Pontevedra inician a tempada vencendo no Campionato Galego de Inverno de embarcacións dobres
Por Redacción |
-
O pasaporte para París 2024 pasa polo Campionato do mundo Sprint de Alemaña
Por Redacción |
-
Claudia Couto, ouro europeo Sub-23 nunha xornada con pratas para Antía Otero, Martín Jácome e Manuel Fontán
Por Diego Espiño |
-
Manuel Fontán e Diego Domínguez, primeiras medallas para o piragüismo pontevedrés no Europeo Júnior e Sub-23
Por Redacción |
-
Positivo peche do Campionato de España para o piragüismo pontevedrés
Por Almu Dapena |
-
Choiva de medallas para os padeeiros pontevedreses na segunda xornada do Campionato de España
Por Almu Dapena |
-
Exhibición de Pablo Crespo no selectivo para os mundiais de piragüismo de Alemaña
Por Manu Otero |
-
O piragüismo galego despide o europeo de maratón con outra remesa de medallas
Por Redacción |
-
Jaime Duro, campión de Europa e Joaquín Iglesias acada o bronce
Por Redacción |
-
Claudia Couto, Jaime Duro e Martín Jácome pechan o Mundial de piragüismo con dous ouros e un bronce
Por Almu Dapena |
-
Tres novos metais mundialistas para España da man dos padeeiros pontevedreses
Por Almu Dapena |
-
Antía Jácome e Pablo Graña, campións de Europa en C-2 200 mixto
Por Almu Dapena |
-
Prata europea para Antía Jácome e María Corbera: "Imos ir a por todas no Mundial"
Por Diego Espiño |