O doutor Cota, exmédico do Pontevedra e da Selección, será galardoado co Premio Medicina e Deporte
Por Redacción
A Asociación da Prensa Deportiva de Madrid (APDM) e DKV Seguros acordaron outorgar o seu Premio de Medicina e Deporte ao Dr. Juan José García Cota, xefe dos servizos médicos do RC Celta de Vigo e membro do Servizo de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía do Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez de Pontevedra, en recoñecemento á súa dilatada e exitosa traxectoria profesional en medicina deportiva.
O galeno pontevedrés traballou durante 23 anos para a Real Federación Española de Fútbol (RFEF), sendo responsable de Traumatoloxía da Selección Nacional Absoluta entre os anos 2008 e 2022, e foi médico do Pontevedra CF durante a época do ascenso a Segunda A.
O Dr. Cota recibirá o Premio de Medicina e Deporte con ocasión da VIII Gala da APDM, que terá lugar o vindeiro luns 29 de xaneiro no Beatriz Madrid Auditorio (Rúa Ortega e Gasset, 29).
O Premio de Medicina e Deporte foi creado en 2022 como recoñecemento ao labor dos profesionais sanitarios, psicólogos ou institucións clínicas ou de investigación, desenvolta no mundo do deporte, cuxa finalidade sexa contribuír a unha mellor resposta física e psíquica dos deportistas no momento de competir.
Relacionadas:
-
O doutor Cota recibe a Medalla de Prata da Real Federación Galega de Fútbol
Por Redacción |
-
O Celta sorprende ao doutor Cota cun emotivo vídeo protagonizado polas estrelas do fútbol español
Por Manu Otero |
-
O doutor Cota, ex médico do Pontevedra, deixa a Selección Española tras máis de vinte anos de servizo
Por Redacción |
-
Ascender co Pontevedra, co Celta ou gañar o Mundial: Que recordo emociona máis ao doutor Cota?
Por Diego Espiño |