Cisne-Novás: un derbi "complicadísimo" para comezar a segunda volta
Por Almu Dapena
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O Club Cisne Balonmano quere arrincar a segunda volta de División Honra Prata deixando atrás as pantasmas do último enfrontamento en Guadalaxara.
Con todo, o conxunto pontevedrés non o terá nada fácil, e é que ao Pavillón Municipal chegará o Atlético Novás (18:00 horas), un "vello coñecido" que enlazou unha "boa dinámica" apoiado en todas as súas liñas de xogo.
Para Quiños, segundo adestrador cisneísta, trátase dun equipo que "defende moi ben" e ten "moi boa portería" ademais de "unha primeira liña con moito chute" que se encargará de que sexa un "partido complicadísimo" para os brancos.
No Novás destacan os excisneístas Andrés Sánchez e José Leiras ademais dos veteranos Dusan Trifkovic, Iago Flores ou Paulo Dacosta.
VÍCTOR FERNÁNDEZ REGRESA A PONTEVEDRA
O equipo pontevedrés confirmou que nas últimas horas chegou a un acordo co Ademar León para o regreso de Víctor Fernández en condición de cedido.
O central de 21 anos formouse na canteira do Cisne e mesmo chegou a debutar co primeiro equipo, pero por motivos de estudos fichou polo club leonés, onde se lesionou de gravidade e foi incapaz de atopar continuidade.
Agora regresa para axudar ao conxunto branco, lastrado precisamente polas lesións, a entrar no play-off de ascenso a Liga Asobal.
Neste sentido, o equipo pontevedrés vai aliviando aos poucos a súa enfermería, onde se atopa desde principios de novembro un Carlos Ocaña que sufriu unha rotura do ligamento cruzado e do ligamento lateral do seu xeonllo, ademais do menisco.
Segundo comunicou o club, o xogador foi "operado con éxito este mércores" e xa inicia "o lento proceso de recuperación".
Carlos Ocaña foi operado con éxito este mércores. Comenza o lento proceso de recuperación, moito ánimo! #VamosCisne #OrgullososDoNoso pic.twitter.com/FWhCBjCrYD
— Club Cisne Balonmano (@ClubCisneBalonm) January 26, 2024
Relacionadas:
-
Empate con sabor a derrota para un Cisne que desaproveitou a súa vantaxe (28-28)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Guadalajara corta as ás a un Cisne durmido (33-25)
Por Almu Dapena |
-
Carlos Ocaña, K.O. para o resto da tempada
Por Diego Espiño |
-
Rubén Etayo recibe a alta e alivia unha aínda ocupada enfermería do Cisne
Por Diego Espiño |
-
Sólido triunfo do Cisne ante Antequera para despedir o ano (27-22)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |