Sufrido triunfo do Teucro ante un Bueu que morreu na beira (32-27)
Por Redacción & Cristina Saiz
A Sociedad Deportiva Teucro segue sumando de dous en dous e mantense no posto catro da táboa. Os de Irene Vilaboa estiveron sempre por diante no marcador a pesar dos intentos de remontada dun Bueu que morreu na beira.
Ata o minuto 5 de xogo reinou a igualdade sobre a cancha, pero unha vez que a defensa azul comezou a entoarse, chegou a primeira vantaxe da mañá (5-3).
O Teucro seguiu coa mesma tónica, Rhuan Marchette e Brais Cerviño ampliaron a renda en catro goles, Luis Montes parou o cronómetro para tentar ordenar as ideas dos seus xogadores, pero a férrea defensa teucrista propiciou un novo roubo e o seu posterior contragolpe que significou a maior diferenza ata o momento (12-7).
José López reduciu distancias, pero a exclusión de Roque Arias aproveitouna o equipo pontevedrés para situar o parcial en 14-8 grazas ao dobrete de Dani Vicente.
Restaban cinco minutos do primeiro tempo e a tensión estaba servida, pero o Teucro soubo aguantar os intentos de reacción do Bueu e chegou ao descanso cun resultado de 15-10.
Na segunda metade, o equipo adestrado por Irene Vilaboa mantivo as boas sensacións en defensa e Cerviño, Marchette e Carmelo Álvarez encargáronse de facer o resto en ataque (18-10).
Con todo, a alegría durou moi pouco ao Teucro, que viu como a súa cómoda marxe ía desaparecendo ao longo da segunda metade (22-19). A adestradora local, visto o visto, pediu tempo morto, e entre Xurxo Rivas (3 goles) e Carmelo (1 gol) comandaron a ofensiva e devolveron a tranquilidade (26-21).
Quedaban pouco máis de 10 minutos para a conclusión. O cadro arbitral enviou a Carmelo dous minutos ao banco e o Bueu, liderado por José López, aproveitou esa superioridade numérica para volver dar vida ao seu equipo (26-24).
Non foi suficiente. E é que o Teucro aproveitou mellor o tempo e resolveu por completo calquera posible opción de remontada. Jiménez botou o ferrollo, e Caue e Carmelo asinaron a sentenza (32-27).
Consulta as estatísticas nesta ligazón
Relacionadas:
-
O Teucro sorprende o líder Lanzarote cun gol case sobre a bucina (31-31)
Por Redacción |
-
Un Teucro con moito 'Ingenio' (34-31)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Folgada vitoria do Teucro ante o Tejina para seguir a un ritmo imparable (19-26)
Por Redacción |
-
O Teucro gaña con autoridade o Porriño para colocarse terceiro (37-25)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Solvente segunda metade do Teucro para superar ao Carballal (25-33)
Por Redacción |
-
Sancionan o Teucro por "comentarios ofensivos" contra a arbitraxe e a Federación durante unha retransmisión por streaming
Por Diego Espiño |
-
O Teucro aférrase á vitoria ante o Ribeiro (26-23)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Irene Vilaboa continuará por quinta tempada consecutiva á fronte do Teucro
Por Oskar Viéitez |
-
Primeira vitoria do ano do Teucro (33-29)
Por Redacción & Cristina Saiz |