Ao Pontevedra escápaselle a guinda no mercado invernal: "Queriamos outro xogador pero non puido ser"
Por Diego Espiño
O mercado invernal de fichaxes pecha definitivamente este 1 de febreiro na Segunda RFEF, e a poucas horas do final de prazo o secretario técnico do Pontevedra Club de Fútbol, Charles Dias, fixo unha valoración do mesmo para PontevedraViva.
O máximo responsable da planificación deportiva granate desvela que tras a chegada de Azael García buscaban poñer unha guinda ao plantel. "Queriamos outro xogador pero non puido ser. O equipo no que estaba non lle deixou saír. Falaramos con el en decembro e parecía que ía ser fácil, pero ao final non puido ser".
Ese obxectivo era un futbolista de banda en idade sub-23, "un extremo que podía xogar en toda a fronte de ataque menos de dianteiro, buscabamos polivalencia", explica. Con todo, ao pecharlle a porta á saída o seu club de orixe "decidimos que se non viña quedabamos como estamos, cos mozos da canteira".
O que si chegaron estas semanas ás oficinas de Pasarón foron moitas chamadas de axentes, e é que "nos ofreceron moitos xogadores, pero só tiñamos fichas sub-23 libres", e neste sentido "prefiro dar oportunidade aos meus que traer a un mozo que non xogou moito noutro sitio", afirma o secretario técnico granate.
En canto a posibles saídas, foi un escenario que nin se plantexou desde as oficinas do Pontevedra porque "ninguén me pediu para saír e estamos contentos con todos os mozos, estamos a facer unha gran tempada".
Desta forma o mercado péchase coas contratacións de Azael García e de Fran López, este último con ficha do filial para tentar axudar no obxectivo da permanencia en Terceira RFEF do segundo equipo. Ambos os dous asinaron co Pontevedra só ata final de tempada. "Non hai cláusula ningunha" asinada para prorrogar a súa vinculación, pero "se a cousa vai ben seguramente se vai a falar", recoñece Charles.
Agora, pechada esta etapa, o secretario técnico granate asegura que "estamos centrados na liga", e cun importante grupo de xogadores con contrato en vigor ata 2025 non comezaron aínda a valorar renovacións. "Aínda non empezamos a falar coa xente. Temos que decidir entre todos os de aquí arriba cando empezar a falar e ir vendo cousas para o ano que vén", explica.
Nin sequera expúxose a posibilidade no caso do técnico do primeiro equipo, Yago Iglesias, aínda que "estamos moi contento con Yago, tanto eu como a afección, a presidenta... Entendémonos ben. É un adestrador moi bo, non me sorprendeu porque xa o coñecía. Eu pensaba que era unha cosa pero é mellor aínda, moi profesional, dálle ao xogador todo o que necesita en termos tácticos. Tiven adestradores moi bos e Yago está entre eles". Palabras que fan pensar na continuidade do proxecto iniciado esta tempada.
Relacionadas:
-
Yago Iglesias e as ausencias de Rufo e Samu Mayo: "Temos xogadores suficientes coa capacidade para adaptarse a calquera situación"
Por Almu Dapena |
-
A Guijuelo sen Samu Mayo
Por Diego Espiño |
-
Triunfo de oficio contra o Cayón e volta ao liderado (4-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Movementos no filial nos últimos días do mercado de fichaxes: Pedro Espiña, cedido ao Céltiga
Por Diego Espiño |
-
O dianteiro Fran López, reforzo para o filial granate
Por Diego Espiño |
-
Azael García ficha polo Pontevedra ata final de tempada
Por Almu Dapena |
-
Xaneiro, sinónimo de fichaxes no Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Reforzos de inverno no Pontevedra? Charles esconde as súas cartas: "Pode ser que si, pode ser que non"
Por Diego Espiño |
-
Un plantel granate con sete piares asegurados ata 2025
Por Diego Espiño |