Triunfo do Bádmiton Ravachol para seguir no alto da División de Honra
Por Redacción
O Club Bádminton Ravachol Pontevedra continúa como colíder do grupo A de a División de Honra despois de superar o Paracuellos de Madrid por 2-4.
Con todo, o equipo pontevedrés non comezou a tarde da mellor maneira e cedeu no primeiro enfrontamento de dobres mixto. Devolveron as táboas Alexandra Ioana e Laura Álvarez no dobres feminino e, no masculino, Manuel Brea e Gabriel Fernández voltearon o resultado.
Laura Álvarez puxo máis terra polo medio no individual feminino, pero o Paracuellos recortou diferenzas vencendo no masculino ante Manuel Brea (2-3).
Aínda tiña opcións o pechacancelas da competición, pero o Ravachol sentenciou no duelo definitivo para sumar tres importantes puntos que o manteñen líder da categoría.
O seguinte partido do equipo pontevedrés será un dos máis importantes da tempada, xa que se enfrontará ao actual subcampión de Europa e segundo clasificado do grupo, o IES La Orden de Huelva. O encontro será o domingo 25 de febreiro no Multiusos da Xunqueira.
Relacionadas:
-
Derrota en Oviedo para un Ravachol que perde o factor cancha para a semifinal polo título
Por Redacción |
-
Dobre medalla de bronce para o Bádminton Ravachol no Máster Nacional Sub-19 de Tordesillas
Por Redacción |
-
O Bádminton Ravachol fai historia e xogará o play-off polo título en División de Honra
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Raúl Bergua triunfa no Máster Nacional de Bádminton de Alfajarín
Por Redacción |
-
Asegurada a permanencia, o Bádminton Ravachol soña ao grande "cos play-off polo título e seguir facendo historia"
Por Diego Espiño |
-
Histórico liderado do Bádminton Ravachol na División de Honra
Por Diego Espiño |
-
O Bádminton Ravachol vence o Oviedo e inicia o ano mirando aos postos altos da División de Honra
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Bádminton Ravachol celebra o seu triunfo na casa do actual subcampión de Europa
Por Redacción |
-
Primeira vitoria da tempada para o Bádminton Ravachol na División de Honra
Por Redacción & Cristina Saiz |